Nos últimos anos asistimos a un crecemento de discursos e mensaxes distorsionadas sobre moitas realidades, entre elas a do colectivo LGTBIQ+. A desinformación e os dicursos de odio se espallan nun mundo cambiante e con novas formas comunicativas.
Como profesorado dunha institución pública, como é a universidade, pódese xogar un papel moi importante na sensibilización e na educación sobre a diversidade sexual e de xénero.
O Proxecto Universitario de Achegamento das Realidades LGTBIQ+ ten como obxectivo isto, que o alumnado coñeza en primeira man as barreiras, dificultades e vivenzas da comunidade.
Con isto xeraremos un coñecemento maior, e tamén, o desenvolvemento da empatía e o espírito crítico.
¿Profesorado aliado?
A cuestión LGTBIQ+ non só pertence ao propio colectivo, senón que é algo no que cada persoas pode ter un papel importante. A defensa dos dereitos humanos é unha cuestión de toda a sociedade.
Por isto, é imprescindible contar con persoas aliadas. Precisamos de profesorado comprometido que deixe espazo ás nosas realidades, e que despois destas accións, incorpore e visibilice as súas realidades nas súas materias e actividades.
¿Cómo participar?
Pedimos 20 minutos das túas clases, ti elixes os horarios e os días, e nós organizamos o resto.
¿Qué tipo de actividades serán?
-
Historias vivencias LGTBIQ+.
-
Lectura de poesía, literatura ou calquera expresión escrita sobre o colectivo.
-
Micro-obras de teatro.
-
Outras expresións artísticas que visibilicen as distintas realidades do colectivo.