Desde a Unidade de Atención á Diversidade lanzaremos distintas formacións para achegar a grande heteroxeneidade de realidades sociais, especialmente aquelas que sofren de maior exclusión e vulnerabilidade.
O obxectivo destas formacións será achegar ferramentas, estratexias e prácticas para facer dos espazos universitarios máis inclusivos, equitativos e diversos.
A formación "PERSOAS CON DISCAPACIDADE: PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA" realizarase o día 14 de xaneiro con horario de 12:00 a 13:30 no salón de graos da Facultade de Filoloxía cos seguintes contidos:
1. Aspectos básicos sobre a discapacidade: concepto e clasificación.
2. Linguaxe inclusiva.
3. Produtos de apoio.
4. Metodoloxías inclusivas:
-Deseño universal da aprendizaxe.
-Aprendizaxe colaborativa.
-Learning by doing ou aprender facendo.
-Ferramentas para facilitar a accesibilidade comunicativa: pictoeduca.
Nos últimos anos asistimos a un crecemento de discursos e mensaxes distorsionadas sobre moitas realidades, entre elas a do colectivo LGTBIQ+. A desinformación e os discursos de odio espállanse nun mundo cambiante e con novas formas comunicativas.
Como profesorado dunha institución pública, como é a universidade, pódese xogar un papel moi importante na sensibilización e na educación sobre a diversidade sexual e de xénero.
O Proxecto Universitario de Achegamento das Realidades LGTBIQ+ ten como obxectivo isto, que o alumnado coñeza en primeira man as barreiras, dificultades e vivencias da comunidade.
Con isto xeraremos un coñecemento maior e tamén, o desenvolvemento da empatía e o espírito crítico.
Profesorado aliado?
A cuestión LGTBIQ+ non só pertence ao propio colectivo, senón que é algo no que cada persoas pode ter un papel importante. A defensa dos dereitos humanos é unha cuestión de toda a sociedade.
Por isto, é imprescindible contar con persoas aliadas. Precisamos de profesorado comprometido que deixe espazo ás nosas realidades, e que despois destas accións, incorpore e visibilice as súas realidades nas súas materias e actividades.
Como participar?
Pedimos 20 minutos das túas clases, ti elixes os horarios e os días, e nós organizamos o resto.
Inscrición neste formulario: https://forms.office.com/e/5BqaTYUzrZ
Que tipo de actividades serán?
O día 18 de marzo de 10:00 a 11:30 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación realizarase unha formación sobre as violencias racistas, así como estratexias prácticas no día a día, abordando como este tipo de violencias, nas súas formas máis sutís e normalizadas, impactan nas dinámicas educativas e sociais.