Amparo Casares Gallego

Vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade

É arquitecta e doutora en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Completou a súa formación con estadías no Politécnico de Milán e como bolseira na Academia de España en Roma. Impartiu cursos, conferencias e másteres en Italia, Romanía, Polonia, Alemaña e Santo Domingo, presentou comunicacións en seminarios en Grecia, Noruega, Suecia e en participou en numerosos encontros en España. Os seus temas de investigación céntranse na sustentabilidade no deseño da paisaxe e das edificacións e na arquitectura e xénero. Dirixiu tres teses de doutoramento, unha delas con mención internacional. Ten un sexenio de investigación. Recibiu premios e mencións polo seu traballo como arquitecta nestes temas como a Mención de Honra da UIA-UNESCO no Concurso Internacional de Arquitectura, Desenvolvemento Urbano e Vivenda Sustentable, Guanajuato, México e o Primeiro Premio de Rehabilitación da Alameda, parque histórico de Santiago de Compostela...

Foi subdirectora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, coordinou o Máster Universitario de Arquitectura Sanitaria e Asistencial e o Máster Universitario en Arquitectura.

Equipo

Silvana Martínez Rial

Secretaria

Antonio Raya de Blas

Adxunto de Infraestruturas

Manuel Soto Castiñeira

Adxunto de Sustentabilidade