Araceli Torres Miño

Araceli Torres Miño

Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

Profesora titular de Matemáticas Aplicadas na Escola Politécnica Superior de Ferrol.

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora enxeñeira industrial pola Universidade da Coruña.

Profesora titular de Universidade do Departamento de Matemáticas na área de Matemática Aplicada, exerce a súa docencia na Escola Universitaria Politécnica e na Escola Politécnica Superior en Ferrol.

É membro do grupo de Polímeros da Universidade da Coruña, no que desenvolve a súa investigación.

Titora da UNED na extensión de Ferrol. Foi directora da Cátedra Jorge Juan no curso 2004-2005. Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social desde o ano 2012.

Equipo

María Jesús Caínzos López

Secretaria