U-Ranking

U-Ranking

O proxecto U-Ranking é unha iniciativa da Fundación BBVA, calcúlase un conxunto de indicadores sintéticos do sistema universitario español, tendo presentes os seguintes criterios: docencia, calidade investigadora e capacidade de desenvolver investigación aplicada ou producir patentes. Con esta información encárgase de clasificar 48 universidades públicas e 22 universidades privadas.

Ata a edición 2019, analizábanse tres categorías diferentes: Docencia, Investigación e Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico. A partir da edición de 2020, decidiron fusionar as dúas últimas e crear a categoría “Investigación e Innovación”. A pesar de ser unha fusión das dúas anteriores, observando os indicadores estudados, a investigación ten moito máis peso nesta categoría. Por este motivo, as posicións obtidas nesta nova categoría compáranse coas obtidas en edicións anteriores na categoría de Investigación.

Fontes de información

Web of Science (WoS) e Axencia Nacional de Avaliación (ANEP)

Edición

2024

Data de publicación

6 de xuño de 2024

Niveis máximos por ranking

 

Rendemento

Volume

Global

11

32

Docencia

6

29

Investigación

17

34

Resultados

Os resultados xerais de U-Ranking das Universidades Españolas preséntanse baixo dous formatos distintos: "U-Ranking Rendemento", que ordena as universidades segundo o seu rendemento corrixindo os efectos do seu tamaño para facelas comparables, e "U-Ranking Volume" que ordena as universidades combinando o volume total de resultados e o seu impacto. Ademais, considérase un ranking específico para: docencia, investigación e Innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Cabe sinalar que neste ranking varias universidades obteñen o mesmo índice e por tanto teñen a mesma posición no ranking. A continuación móstrase a evolución da UDC en rendemento e volume.

UR_Global_Gal

 

UR_Docencia_Gal

 

UR_Investigacion_Gal

 


Actualización: xuño de 2024