THE: Times Higher Education Impact University Ranking

Páxina web

O Times Higher Education Impact University Ranking recoñece as universidades de todo o mundo polo seu impacto social e económico, baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (SDG) da Organización das Nacións Unidas. Na seguinte Figura poden verse os 17 SDG:

SDG_ONU

 

A partir de 2020, avalíanse os 17 SDG. Cada SDG ten unha serie de métricas asociadas baseadas en investigación, administración de recursos e o impacto das universidades na sociedade.

Foron estudadas 2318 universidades, das cales 52son españolas. Para poder participar no ranking hai que enviar un mínimo de 4 SDG, incluíndo sempre o SDG 17 como obrigatorio.

Fontes de información

Datos das propias universidades e Scopus

Data de publicación

18 de xuño de 2025

Resultados

A Universidade da Coruña sitúase no posto 401–600 no ranking xeral de impacto. Este resultado baséase na puntuación obtida en Alianzas para lograr os obxectivos (SDG 17) e nos 3 SDG nos que a UDC recibe maior puntuación (con respecto á universidade que obtén a máxima en cada un deles): Educación de calidade (SDG 4), Igualdade de xénero (SDG 5), Enerxía asequible e non contaminante (SDG 7) e Traballo Decente e Crecemento Económico (SDG 8).

Na seguinte táboa móstrase a posición obtida pola UDC en cada un dos SDG nos que participou:

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible

Posto

1

Fin da pobreza

601-800

2

Fame cero

401-600

3

Saúde e benestar

401-600

4

Educación de calidade 

201-300

5

Igualdade de xénero 

301-400

6

Auga limpia e saneamento

401-600

7

Enerxía asequible e non contaminante

401-600

8

Traballo decente e crecemento económico 

401-600

9

Industria innovación e infraestruturas

401-600

10

Redución das desigualdades

401-600

11

Cidades e comunidades sostibles 

601-800

12

Produción e consumo responsables 

401-600

13

Acción polo clima

601-800

14

Vida submarina

301-400

15

Vida de ecosistemas terrestres

201-300

16

Paz, xustiza e institucións sólidas 

301-400

17

Alianzas para lograr os obxectivos

601-800

GLOBAL

401-600

 

 

THE_Impact_gal

 

Actualizado: xuño de 2025