Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

En colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) "Costa da Morte" e o Concello de Zas, a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de febreiro a abril a formación universitaria para maiores mediante a 7ª edición do Proxecto de Democratización do Coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, este proxecto formativo está composto por tres módulos, con sesións teóricas e prácticas:

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
Victoria de León Sanjuán  Martes, 11 de febreiro de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica. A dirección artística no cine 
José López Rodríguez
Mércores, 12 de febreiro de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica.  A conduta económica: limitacións do modelo do Homo Economicus
Elena Martín Cancela   Martes 18 de febreiro de 2025, 17 a 19 h  Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros  
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
Sergio Rodríguez Roiola     Martes, 25 de febreiro de 2025, 17 a 19 h  Sesión teórica.  (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión 
Gloria Mª González Fortes  Mércores, 26 de febreiro de 2025,17 a 19 h  Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes 
Álvaro Michelena Grandío  Mércores, 5 de marzo de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica.  Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas 
  MODULO 3. Ciencias da Vida e da Saúde 
DOCENTES  DATAS  ACTIVIDADE 
Luís Saleta Canosa   Martes, 11 de marzo de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica. Enfermidades cardiovasculares e diabetes 
Salvador Fojón Polanco  Mércores, 12 de marzo de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias 
Carlos Freire Rodríguez    Martes, 18 de marzo de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica.  Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico 

As sesións teóricas serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte