En colaboración co Concello de Arteixo, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Arteixo, este proxecto formativo consta de tres módulos:
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
| MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais | ||
| DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
| Victoria de León Sanjuan | 13 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. A Dirección Artística no Cine. |
| Manuel Gómez Suárez | 14 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics. |
| Elena Martín Cancela | 23 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros. |
| MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía | ||
| DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
| Sergio Rodríguez Roiloa | 27 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión |
| Gloria Mª González Fortes | 28 de outubro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes» |
| Álvaro Michelena Grandío | 3 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas |
| MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde | ||
| DOCENTES | DATAS | ACTIVIDADE |
| Salvador Fojón Polanco | 10 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. O cambio climático: causas e consecuencias |
| Luis Saleta Canosa | 11 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes |
| Carlos Freire Rodríguez | 17 de novembro, de 17 a 19 horas | Sesión teórica. Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico. |
| Xornada de visitas académicas na Coruña: 19 de novembro |
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Arteixo