Bolsas, Axudas e Premios - Servizo Estudantes

Convocatoria: Premios Olimpíadas Científicas 2025/26

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: recoñecer o labor realizado polo estudantado nas diversas fases das Olimpíadas Científicas das áreas de Bioloxía, Economía, Física, Informática, Matemáticas, Química ou Xeoloxía, nas súas fases local, autonómica ou nacional, e premiar os resultados das persoaas clasificadas en primeiro, segundo e terceiro lugar. 

Contía: Concederase un máximo de dezaoito premios, repartidos da seguinte maneira:

  1. Seis premios de 715 € para cada persoa das primeiras clasificadas, nalgunha das fases das Olimpíadas Científicas referidas nesta convocatoria.
  2. Seis premios de 450 € para cada persoa das segundas clasificadas.
  3. Seis premios de 370 € para cada persoa das terceiras clasificadas.

Solicitude: formulario

Prazo de presentación: ata o 7 de novembro de 2025

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria: Convocatoria de Bolsas de Comedor do plan propio da UDC - Curso 2025/2026 

Órgano convocante: UDC

Destinatarios: 

a) Persoas aloxadas durante todo o curso académico 2025/26 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o estudantado da UDC (Resolución reitoral do 21 de maio de 2025, publicada no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC o 22 de maio de 2025). Deberán estar ao corrente no pagamento dos recibos de aloxamento.
b) Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC para o estudantado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2025/26.

Contía: 500 €

Prazo de presentación: ata o 15 de outubro de 2025


Convocatoria: Convocatoria de Bolsas Santander Estudos Axuda Económica para estudantado de grao e máster curso 2025/26

Órgano convocante: UDC - Banco Santander

Obxecto: Recoñecer ao estudantado cos mellores expedientes académicos e garantir a igualdade de oportunidades

Destinatarios: Alumnado de grao ou máster matriculado na UDC no curso 25/26

Requisitos: 

a) Estar matriculado no curso 2025/26 na Universidade da Coruña, a tempo completo, nun mínimo de 60 créditos, nalgunha das titulacións oficiais de grao ou máster impartidas en centros propios da UDC, en modalidade presencial, e ao corrente do pagamento dos prezos públicos. Este mínimo será de 30 créditos no caso de estudantado de segundo curso dun máster de 90 créditos.
b) No caso das bolsas para Máster, as persoas solicitantes deberán estar en posesión do título de grao que lle dea acceso ao máster.
c) O estudantado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a condición de residente de conformidade co disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

Incompatiblidades:

a) Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda ou bolsa destinada ao mesmo fin de calquera administración ou entidade pública ou privada, incluida a bolsa de caracter xeral para estudantado de ensinanzas posobrigatorias do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
b) As dúas modalidades de bolsa obxecto deste programa son incompatibles entre si, e coa solicitude de Bolsa de Comedor do Plan Propio da UDC para o curso 2025/26.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas que xa percibiran a bolsa Santander Estudos Axuda Económica ou a bolsa Santander para cursar estudos de Máster Universitario Oficial.
e) Non poderá ter a condición de beneficiaria quen estea en posesión dun título de igual ou superior nivel ao da modalidade para a que se solicita bolsa.
f) Estas bolsas son incompatibles con percibir salarios que impliquen calquera vinculación contractual ou estatutaria da persoa bolseira, ou calquera tipo de ingresos percibido pola prestación de servizosprofesionais ou a realización de traballo remunerado, cando supoñan a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional no curso académico.
g) Estas bolsas son incompatibles coa participación nun Programa de Mobilidade no curso 2025/26.
h) As bolsas de Máster son incompatibles coa condición de beneficiario dunha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME).

Contía: 1000€

Prazo de presentación: ata as 23:00 horas do 15 de outubro de 2025

_____________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria: Convocatoria do plan propio da Universidade da Coruña para o préstamo de ordenadores portátiles ao seu alumnado no curso 2025/26

Órgano convocante: UDC

Obxecto: O obxecto desta convocatoria é establecer o procedemento para levar a cabo, en réxime de concorrencia competitiva, o préstamo de 47 ordenadores portátiles para o estudantado da UDC que non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas, e se atope en situación de dificultade ou que o precise por causas excepcionais e sobrevidas. 

Requisitos: 

Poderá ser beneficiario o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado, nun centro propio da UDC, durante o curso académico 2025/26, e estar ao corrente do pagamento dos prezos públicos correspondentes. Requírese manter a matrícula todo o curso.
  2. Non dispoñer de ordenador portátil nin dos medios necesarios para a súa adquisición.
  3. Aceptar as condicións do préstamo e da devolución do ordenador portátil segundo as bases establecidas nesta convocatoria.

Ademais de satisfacer os requisitos anteriores, debe xustificar que se atopa nalgunha das seguintes situacións:

  1. Ser solicitante de bolsa e cumprir os requisitos económicos establecidos na convocatoria de bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2025/26.
  2. Ter sido beneficiario da axuda da UDC para o estudantado en situación de dificultades económicas no curso 2024/25.
  3. Ser beneficiario da prestación do ingreso mínimo vital.
  4. Outras circunstancias que poidan condicionar a situación persoal e socioeconómica da unidade familiar do estudantado.

Non poderá participar o estudantado que estea a cursar un programa de mobilidade nacional ou internacional durante o curso 2025/26.

Este préstamo é incompatible coa percepción de calquera axuda de carácter público ou privado para a mesma finalidade.

Resolución provisional.


Convocatoria: Convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias para o estudantado da UDC - Curso 2025/2026 

Estado: Publicada a resolución definitiva coa adxudicación das prazas. Prazo para o pagamento da fianza ata o 12 de agosto de 2025

Órgano convocante: UDC

Destinatarios: Alumnado que vaia a iniciar, ou continúe, estudos na UDC no vindeiro curso 25/26

_____________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria: Convocatoria Bolsa Santander Excelencia 360º 2025

Órgano convocante: UDC e Banco Santander

Obxectivo: Promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria

Destinatarios: Alumnado de grao

Poderán ser persoas beneficiarias as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado nun grao no curso 2024/25 na Universidade da Coruña, a tempo completo, de todos os créditos que  lle resten para finalizar la titulación, e estar ao corrente do pagamento dos prezos públicos.

b) Ter superado un mínimo de 180 créditos, cunha nota media igual ou superior a 8,5 puntos sobre 10.
As materias ou créditos recoñecidos, adaptados ou transferidos non se terán en conta para o cumplimento destes requisitos.

c) Participar significativamente na vida universitaria segundo se establece no artículo 4.d desta convocatoria. 

Contía bruta: 12 000 €

Prazo de presentación de solicitudes: do 01/04/2025 ata as 23:00 horas do día 15/05/2025

_____________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria: tres premios para emprendedores da Universidade da Coruña no
marco do programa “Santander X Spain Award/Proxectos Emprendedores
Universitarios 2025”

Órgano convocante: UDC e Banco Santander

Obxectivo: incentivar a participación da comunidade universitaria da UDC en proxectos emprendedores universitarios

Destinatarios: persoas graduadas, o persoal docente, investigador ou o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade da Coruña que cumpran o disposto nas bases reguladoras mencionadas no artigo 1.2 desta convocatoria

Poderán ser persoas beneficiarias as que cumpran os seguintes requisitos:

Unha persoa do proxecto deberá ter vinculación actual coa UDC e deberá ser a que presente a solicitude na plataforma da UDC, segundo o que establece o artigo 5. No caso de ser premiado o proxecto que representa a dita persoa, será quen perciba o importe do premio.

O programa ofrécelles a cada un dos tres (3) proxectos gañadores:
• Un premio económico de 2 000 €, destinado ao desenvolvemento da solución emprendedora presentada.
• Acceso ao premio nacional “Santander X Spain Award | Proyectos Emprendedores Universitarios 2025” e a promoción en plataformas dixitais e redes sociais do Grupo Santander.
A UDC pode ofrecer o acceso a mentorías especializadas coordinadas por un grupo experto de entidades colaboradoras.

___________________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria: Plan propio da Universidade da Coruña para o préstamo de ordenadores portátiles ao seu estudantado no curso 2024/25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: préstamo de ordenadores portátiles destinada ao alumnado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2024/25 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso. 

Destinatarios: Grao - Máster

Poderán ser persoas beneficiarias as que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculadas nunha titulación oficial de grao ou mestrado, nun centro propio da UDC, durante o curso académico 2024/25, e estar ao corrente do pagamento dos prezos públicos correspondentes. Requírese manter a matrícula todo o curso.
  2. Non dispoñer de ordenador portátil nin dos medios necesarios para a súa adquisición.
  3. Aceptar as condicións do préstamo e da correspondente devolución do ordenador portátil segundo as bases establecidas nesta convocatoria.

Contía: 20 ordenadores portátiles. 


Convocatoria: Axudas Olimpiadas Científicas 2024-25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: recoñecer o labor realizado polo estudantado nas diversas fases das Olimpíadas Científicas das áreas de Bioloxía, Economía, Física, Informática, Matemáticas, Química ou Xeoloxía, nas súas fases local, autonómica ou nacional, e premiar os resultados das persoaas clasificadas en primeiro, segundo e terceiro lugar. 

Contía: Concederase un máximo de dezaoito axudas, repartidas da seguinte maneira:

  1. Seis axudas de 715 € para cada persoa das primeiras clasificadas, nalgunha das fases das Olimpíadas Científicas referidas nesta convocatoria.
  2. Seis axudas de 450 € para cada persoa das segundas clasificadas.
  3. Seis axudas de 370 € para cada persoa das terceiras clasificadas.

Convocatoria: Premios Excelencia á mellor nota de admisión nos graos 24/25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: Esta convocatoria ten como obxecto recoñecer o esforzo e a dedicación do alumnado procedente de bacharelato e/ou ciclos formativos de grao superior que alcanzase uns resultados académicos excelentes nos estudos previos ao acceso á Universidade, e premiará ao alumnado que posúa a mellor nota de admisión nas titulacións oficiais de grao e programas de simultaneidade de grao, que se imparten nos centros propios da Universidade da Coruña no curso académico 2024-25.

Destinatarios: Os premios destínanse ao alumnado de primeiro curso por primeira vez que obteña a mellor nota de admisión no curso 2024-25, nas titulacións oficiais de grao e programas de simultaneidade de graos dos centros propios da UDC. Concederase un premio por cada un dos graos e programas de simultaneidade de graos que se impartan na UDC no curso 2024-25.

Contía: Concederanse 51 premios. Un premio de 565€ por cada titulación oficial de grao e programa de simultaneidade de grao que se impartan nos centros propios da UDC.


Convocatoria: Programa Bolsas Santander Estudos - Axuda Económica 2024-25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: Facilitar o acceso á educación superior aos estudantes cos mellores expedientes académicos

Destinatarios: Grao - Máster

Requisitos: Ter sido beneficiario da bolsa do MEPFeD no curso anterior

Contía: 9 axudas de 1.000 €


Convocatoria: Bolsas propias de comedor 2024-25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Requisitos: 

  1. Estar aloxado/a durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o estudantado da UDC, (Resolución reitoral do 24/05/2024), publicada no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC o 27/05/2024.
  2. Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o estudantado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25.
  3. Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC, para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25

Contía: 500 €


Convocatoria: Bolsas Colaboración Formación Complementaria 2024-25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: 79 bolsas de colaboración para favorecer a formación complementaria mediante a realización de actividades formativas en Departamentos, Bibliotecas, Laboratorio e diversas áreas/unidades.

Destinatarios: Grao

Duración: do 01/02/2025 ao 31/05/2025

Contía: 240.-€/mes

Prazo de solicitude: do 22 ao 29 de novembro de 2024


Convocatoria: Axudas alumnado - Dificultades Económicas 2024-25

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: A finalidade desta convocatoria é a de sufragar os prezos públicos de matrícula e contribuir a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes á obtención dun título universitario oficial de grao ou máster

Destinatarios: Grao ou máster

Prazo de solicitudes: ata o 02/04/2025


Convocatoria: Bolsas Máster 2024-2025

Órgano convocante: Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Obxectivo: Axuda económica de 1.000.-€ brutos

Destinatarios: Alumnado de máster

Prazo de solicitudes: ata as 23:00 horas do día 20/12/2024

Todas as convocatorias propias da UDC