En xeral os resultados foron moi satisfactorios, se aprendeu moito do modo de ensinar utilizado na Universidade de Destino, e do contacto cos demais profesores da materia e do grupo.
Quizais, como sempre, hai marxe de mellora nos materiais e os exemplos que se utilizaron, algo que se tenta casa ano. Polo demais, o grao de satisfacción final dos alumnos , que foron preguntados de forma individual, foi moi alto.
Habería que repeti-las estanzas de forma periódica para poder establecer vínculos máis estables.
Outra opción sería que as universidades dispuxesen de posibilidades de mobilidade de máis longa duración. A Universidade da Coruña debe proporcionar preparación lingüística ós docentes erasmus, tendo en conta o esforzo que supón ensinar nunha lingua estranxeira, respectando a diversidade lingüística europea.
Flexibilizar na medida do posible estes intercambios para que resulten máis rápidos. Ó mellor sería conveniente permitir que as Universidades que formen parte da rede Erasmus (cando xa teñen conveño bilateral) non se limiten a un ou varios docentes, senón que se abra a posibilidade a máis xente. Esta suxestión xorde da experiencia vivida, coñecida as complicacións para organizar un intercambio deste tipo, non sempre é fácil coordinar datas e dispoñibilidade de tempo para esta experiencia. Por iso creo que se se flexibiliza un pouco haberá máis xente que se incorpore a estas
actividades, sobre todo porque resultan de gran axuda para alumnos e profesores.
En todo caso, é unha experiencia que agradezo de modo especial.
Programa cumpriu as miñas expectativas con respecto ós obxectivos propostos e permitiu coñece-las similitudes e diferenzas existentes na organización curricular das dúas institucións.
A única dificultad que xurdiu con respecto á organización da estanza foi que o director do centro tivo coñecemento da nosa visita catro días antes, debido a un problema de comunicación co coordinador, o que orixinou algún problema na organización das actividades desenroladas.
Adianto las axuda económicas para a mobilidade Erasmus debería se realizar con anticipación á estanza posto que os gastos son importantes, o que repercute de maneira notable na economía familiar do docente que o solicita. E en moitos casos, pode ser causa de desinterese para realiza-la solicitude de mobilidade docente.
A dotación económica da beca de mobilidade de persoal docente que percibe o profesorado erasmus que se despraza dende a Universidade de A Coruña a Francia é manifiestamente mellorable.
Suxestións (aspectos en que o programa impartido podería se mellorar; etc.)
Evidentemente o tema máis crítico é o económico xa que a estanza (comidas e durmidas) xa que a axuda económica aflixes alcanza para cubri-los gastos de estanza e mantemento. Os aspectos da preparación do material didáctico deber ser cubertos polo Departamento ó que pertence o profesor visitante. Os gastos de entrega de material ós alumnos deben ser con cargo á Univesidade de destino que non dispón dunha axuda complementaria para atender a este capítulo de gastos. No que se refire ó tempo de traballo debe se acomodar ó horario das clases cos conseguintes obstáculos para o alumnado que non poden dispor comodamente de tempo para asistir ás actividades programadas
que deben acomodar ós seus horarios normais de docencia e prácticas. A solución adoptada no noso caso foi a de suspende-las clases e así poder facilita-la asistencia ás actividades de Eramus. Conviría dispor dun horario específico para Erasmus que fóra compatible co resto do curso académico.