PROXECTO DE RECICLAXE ELECTRÓNICA EN COLABORACIÓN CON ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS
O Banco de Reciclaxe Electrónica con Sotfware Libre, lévase a cabo con voluntariado na aula -1.5 do Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol. O voluntariado dalle unha segunda vida a fontes de alimentación, monitores, televisións, radios ou mesmo a algún que outro secador de pelo, mando a distancia ou tocadiscos.
A iniciativa, levada a cabo coa Asociación ESF (Enxeñería sen Fronteiras), pretende promover o uso do software libre e a soberanía dixital, a reutilización de equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil, a diminución dos residuos e a extracción de materiais, a promoción da electrónica ética así como a redución da fenda dixital
Horario: Os venres, en horario de 17 a 20 h




PROXECTO EN COLABORACIÓN coa entidade CIBERVOLUNTARIOS
A Asociación Cibervoluntarios é unha ONG española de referencia internacional centrada en impulsar unha transición dixital inclusiva e en eliminar a fenda dixital. Facilitan formación gratuíta en competencias dixitais a milleiros de persoas ao ano, promoven a innovaciòn social e o empoderamento da cidadanía grazas ao uso da tecnoloxía.
Horario: O horario vai depender do microproxecto no que colabores. Podes ver máis info na súa web: https://www.cibervoluntarios.org/es/haz-voluntariado