Colaboración co CAMF

Proxecto no centro de atención ao minusvalido fisicoO Centro de Atención a Minusválidos Físicos é unha institución que ofrece atención integral ás persoas con minusvalía física grave que, ao carecer de posibilidades de recuperación profesional e de integración laboral, atopan grandes dificultades para ser atendidas no seu contorno familiar e social.
Só existen cinco centros destas características en toda España (CAMF), o que implica que os internos proveñen de todas as partes do territorio nacional e atópanse, a miúdo, lonxe das súas familias.
O papel das persoas voluntarias neste programa é o de formar parte das actividades de lecer e de entretemento, por unha banda;e, pola outra, acompañar ás persoas usuarias nas súas xestións da vida cotiá (visitas médicas, papeleo administrativo...), unha labor que normalmente desempeñan as familias. Puntualmente tamén requírense perfís máis específicos: apoio ao técnico de deporte adaptado, alfabetización dixital, etc.