Voluntariado Ambiental

 VOLUNTARIADO AMBIENTAL (FERROL)

Iniciativa de carácter puntual para levar a cabo distintas actividades relacionadas co medio ambiente. Así, coa organización ADEGA experimentamos o "Proxecto Ríos" e "Charcas con vida", para o coñecemento e conservación do noso rico patrimonio fluvial.

Organizaranse diferentes actividades relacionadas co medio ambiente, que inclúen información e formación específica, e posta en práctica das metodoloxías aprendidas.

As saídas en pequenos grupos, teñen unha duración entre 2,5 e 3 horas.

Tamén pódese participar na "Limpeza simultánea de Praias de Galicia", que teñen lugar con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos. Próximo evento: 5-6 e 7 de xuño de 2015