Aulas de informática para menores inmigrantes

Este programa xurde da demanda de aulas de apoio dende as institucións de Ferrol que titorizan a menores chegados doutros países sen acompañamento.

As aulas desenvólvense un dia á semana pola tarde no edificio de apoio ao estudo do campus de Esteiro, onde a Oficina de Cooperación e Voluntariado dispón dunha aula propia dotada con 12 equipos informáticos.