Campaña doazón órganos para transplantes

A Oficina de Cooperación e Voluntariado asinou distintos acordos de colaboración coas entidades OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes) e ASOTRAME (Asociación de Transplantados de Médula Ósea) para colaborar en campañas de doazón de órganos e médula ósea, tanto dentro da comunidade universitaria, como en hospitais e outros lugares da comarca de Ferrol.

O voluntariado, previo a ter recibido unha formación básica inicial, dispón de información e material para promover as doazóns, e realiza a súa labor de sensibilización e captación con flexibilidade, un par de horas á semana.

 

Outro acordo de colaboración asinouse con ALCER Coruña, para levar a cabo un programa no Hospital Juan Cardona de Ferrol.  Esta colaboración ten dúas líneas de actuación:

Proxecto 1: "Doar Palabras": trátase dun servizo de préstamo de lecturas e novas tecnoloxías na Unidade de Hemodiálise no dito hospital do barrio de Caranza. O voluntariado encárgase de fomentar a lectura entre as persoas doentes mentres realizan as súas sesións de hemodiálise.

Proxecto 2:  “Acondicionamento do centro de documentación bibliográfica de Alcer Coruña”. O proxecto colaborará na actualización, catalogación e mantemento da biblioteca da que dispón a entidade dentro da Unidade de Hemodiálise.