Datas | Título | Duración | Cidade | Custo |
24 e 25 de outubro de 2025 | Formación básica en voluntariado | 12 h |
Coruña |
0€ |
14 e 15 de novembro 2025 | Formación básica en Voluntariado | 12 h |
Ferrol |
0€ |
21 e 22 de novembro de 2025 | Formación básica en Voluntariado | 12h |
Coruña |
0€ |
Para levar a cabo os proxectos de voluntariado da OCV, é unha ferramenta fundamental a formación integral do voluntariado no tocante a temáticas vencelladas á educación para o desenvolvemento, a inmigración e a diversidade cultural, a exclusión social etc. Para elo realizamos:
- Formación básica: cursos de introdución ao voluntariado, onde se tratan aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes, a lexislación, a ética e a confidencialidade, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, os ODS, etc.
- Formación específica. cursos monográficos sobre as diferentes áreas de voluntariado en que colaboramos. Algúns deles son: habilidades sociais, menores en risco de exclusión social, animación hospitalaria, diversidade funcional, inmigración e cooperación...
- Seguimento personalizado baseado no acompañamento formativo do voluntario ou voluntaria, por parte das persoas con máis experiencia.
A formación impártese habitualmente nos meses de outubro a abril, posto que o obxectivo é formar ao voluntariado que participa nos proxectos que se levan a cabo durante o curso académico.
A formación para o voluntariado é gratuita. Para o resto, indícase o prezo.