Grupo de Investigación Docente ESPALLAR

O personal da Oficina de Cooperación e Voluntariado participa activamente no Grupo de Investigación Docente ESPALLAR

Os obxectivos de traballo propostos para este grupo son os que seguen a continuación:

Obxectivo xeral: Fomentar a divulgación e transferencia do coñecemento en educación para o desenvolvemento e a xeración dunha conciencia crítica na comunidade universitaria.

Obxectivos específicos:

  1. Facilitar a través da cooperación e a educación ao desenvolvemento a aprendizaxe de novos saberes e a vivencia de experiencias vinculadas ao exercicio dunha cidadanía crítica e comprometida.
  2. Xerar novas ferramentas docentes e canles educativas para a participación e a transferencia de saberes á contorna social.
  3. Fomentar o traballo colaborativo das comunidades universitarias en accións educativas innovadoras para promover a implementación dos ODS no SUG.

ODS4_Educacion