Proxectos PCR seleccionados 2013

David Blanco Aguilar. Como estudante do grao de Socioloxía participará nun proxecto sobre turismo comunitario coa ONG Axuda en Acción. O proxecto de Carchi, zona situada ao norte de Ecuador, ten como beneficiarias ás comunidades dos cantóns de Espejo e Mira. Os eixes do programa son o desenvolvemento do turismo comunitario, a dinamización das economías locais e o fomento da participación cidadán, de forma sostible co medio ambiente.

Accede ao seu Blog

 

Ana Castro Sanjurjo. Estudante do grado de Educación Social participará nun proxecto comunitario coa ONG Axuda en Acción. O área de desenvolvemento deste proxecto sitúase nos municipios de Villa Vaca Guzmán e Villa Haucaya, ambos na rexioón do departamento de Chuquisaca, ao sur de Bolivia. Trátase dunha rexión na que conviven descendentes dos habitantes históricos, os guranís, con pequenos campesiños e terratenentes, polo que existe unha visión das clases sociais moi marcada. O proxecto desenvolvido por Axuda en Acción Céntrase na educación, a sanidade e a produción e promoción dos dereitos humanos. Ana, colaborará no proceso de fortalecemento de cinco redes de voluntariado para a promoción do desenvolvemetno comunitario con protagonismo da nenez e a adolescencia dende unha perspectiva do Vículo Solidario.

Accede ao seu blog

 

Sandra García García. Esta estudante da Enxeñería Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos participará nun proxecto de abastecemento e saneamento en Honduras coa ONG Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. O proxecto abordará o abastecemento de auga potable e saneamento básico un área rural na que viven 697 persoas, na comunidade de San José de Las Conchas, e a protección dos recursos, a través do fortalecemento de capacidades locais e a construción das infraestructuras necesarias para o acceso da poboación aos servizos básicos.

Accede ao seu blog

 

Adrián M. Gonçálves Barbosa. Estudante do Máster en Metodoloxía e Investigación en Ciencias Sociais desenvolverá unha investigación sobre xénero de desenvolvemento, para a súa memoria de final de máster, a través da participación nos proxectos que a ONG Acoes desenvolve en Honduras, centrada no impacto dos ditos proxectos para a superación das desigualdades sociais e de xénero.

Accede ao seu Blog

 

Edgar Medina Fernández. Estudante do grao en Arquitectura Superior participará nun proxecto de Arquitectura sen Fronteiras sobre a construcción dunha casa materna para mellorar a saúde reproductiva accesible en Chinique, Guatemala. O obxectivo principal será continuar a investigación iniciada en 2010 por Arquitectura sen Fronteiras en sistemas de saneamento alternativos para a súa aplicación nas comunidades indíxenas. Paralelamente, participará na supervisión das obras de saneamento do edificio da casa materna.

Accede ao seu Blog

 

Patricia Rodríguez Fernández. Estudante do grao en Educación Intantil participará coa ONG Mundo Cooperante nun proxecto sobre capacitación de mulleres. A este proxecto están asociados os fogares Múltiples e os centros de educación Infantil para nenos entre 0-6 anos aos que acoden os fillos das mulleres en formación e outros nenos en estado de vulnerabilidade. O proxecto que desenvolverá Patricia está deseñado para traballar coas Nais Comunitarias, que son as educadoras que atendesn as aulas dos Fogares Múltiples. O seu proxecto pretende desenvolver un espazo de reflexión, avaliación e mellora dos procesos ensino-aprendizaxe que se desenvolven cada día nas escolas infantís, centrándose no desenvolvemento da coeducación e a igualdade de xénero.

Accede ao seu facebook

 

Adrián Senra Fernández. Como estudante do grao en Arquitectura Técnica e Execución de Obras participará nun proxecto da ONG Colores de Camerún para a construcción dun centro médico en Bambili (Camerún). Este centro médico dará apoio para a realización de próteses ortopédicas. A obra consta de tres módulos: edificio de recepción, edificio de fisioterapia e laboratorio de ortopedia. Agora mesmo a participación de Adrián será no edificio de recepción.

Accede ao seu blog

 

Lucía Sineiro Cascallar. Estudante do grao en Arquitectura Superior participará nun proxecto de Arquitectura sen Fronteiras sobre a construcción dunha casa materna para mellorar a saúde reproductiva accesible en Chinique, Guatemala. O obxectivo principal do seu proxecto será a elaboración dun manual sobre a construcción con adobe sismorresistente, a construcción dun "Temazcal" no entorno da casa maternrna e o acondicionamento desta.

Accede ao seu blog

 

Aldara Vázquez Diéguez. Estudante do Garo en Educación Social. Participará coa ONG Acoes Honduras nun proxecto de integración social a través do arte. Neste proxecto, que se desenvolverá con xóvenes, potenciaranse as habilidades sociais e intentarase potenciar aptitudes persoais que repercutan na comunidades, ademáis de xenerar a participación activa comunitaria.

 

Patricia Velado Lobato. Estudante da licenciatura en Bioloxía. Participará coa ONG Acoes Honduras nun proxecto agropecuario ecolóxico para garantizar a seguridade alimentaria dun centro de 40 xóvenes indíxenas lencas no municipio de Marcala, en Honduras. O proxecto ten como obxectivo contibuir á loita contra a fame, facendo efectivo o dereito á alimentación. Patricia participará no desenvolvemento de cultivos ecolóxicos que aseguren a alimentación nos comedores escolares da rexión, así como a execución de obradoiros de formación sobre prácticas de saúde ambiental, técnicas agropecuarias respetuosas co medio ambiente, xestión de residuos, reciclaxe, nutrición e hixiene. 

Accede ao seu Blog

 

Daniel Vila Recarey. Como estudante do grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil participará nun proxecto de abastecemento e saneamento en Honduras coa ONG Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. O proxecto consiste en construír a impulsión e a distribución do sistema de abastecemento de auga. Tamén hai que construír latrinas e pilar e en canto ao tratamento de augas grises, realizarnase capacitacións que permitan aos habitantes da comunidade construír eles mesmos sumidoiros sinxelos con grava, para evitar que as augas empregadas para lavar queden estancadas e sexan un lugar idóneo de xeración de infeccións.

Accede ao seu blog

 

Raquel Vilar López. Estudante do Grao en Educación Infantil. Participará nun proxecto educativo coa ONG Mundo Cooperante. O seu proxecto "As aventuras de Amigota" propón, a través do personaxe representado por unha pinga de auga, unha viaxe ao redor do mundo para observar a dependencia do ser humano da auga e da necesidade de cuidala e preservala. Este proxecto educativo levarase a cabo no barrio de Canapote, en Cartaxena de Indias, con nenos de 0-6 anos.

Accede ao seu facebook