Resumo dos proxectos PCR 2017

Acceso ao Blogue

Noemí Amigo Calo, estudante de Arquitectura, viaxa a Mozambique coa Universidade Eduardo Mondlane para participar no proxecto Kaya Clinica. Este é un proxecto de aprendizaxe-servizo para o alumnado desenvolto entre a Universidade de A Coruña e a Universidade Eduardo Moandlane. En dito proxecto, recoñecese a capacidade de acción dos propios residentes á hora de construír o seu propio hábitat ofertándolle a asistencia técnica da que non dispoñen. Esta asistencia será prestada por profesores e estudantes da Universidade de A Coruña xunto coa súa contraparte na Universidade Eduardo Mondlane e o apoio da AECID de acordo cos principios pedagóxicos da aprendizaxe por prestación de servizos.

Eva Paola Bermúdez Porras, estudante de Educación Social, viaxa a Nepal coa ONG Nepal Sonríe para realizar o proxecto “El arte de sonseír”. En dito proxecto, empregase o arte como ferramenta principal para formentar a cooperación, a creatividade, o traballo en equipo, o respecto, a expresión de sentimentos e o traballo en valores aos nenos/as que forman parte da Casa de Acollida e da Escola Infantil de Hetauda. No que compete a metodoloxía do mesmo, cabe destacar que se caracteriza por ser participativa e baseada na coeducación.

Lorena Boga García, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Socio-comunitaria, viaxa a Ecuador coa ONG Ayuda en Acción Galicia para traballar nun proxecto que trata de acadar un fortalecemento organizacional das organizacións comunitarias (partindo do respecto á diversidade cultural, a democracia participativa, os dereitos colectivos e equidade de xénero) para mellorar o benestar das familias.

Rebeca Cuevas González, estudante de Arquitectura, viaxa a Guatemala coa ONG ARQUITECTURA SEN FRONTEIRAS para mellorar as condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable (con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras), a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, oganizacións sociais e cooperativas. Ao longo deste proxecto tamén se está a traballar nunha segunda liña que persegue a mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero na formación da infancia e xuventude mediante a creación das condicións axeitadas para que os alumnos/as poidan desempeñar do mellor xeito posible o seu traballo escolar.

Carmen Estévez Fraga, estudante do Grado en Administración de Empresas e o Grado de Dereito, viaxa a Bolvia coa ONG Ayuda en acción Galicia para traballar nun proxecto que está centrado no desenvolvemento dos procesos de transformación e comercialización da cana de azúcar, do anís e da frutilla en Caballero (Bolivia).

Daniel A. Franco García, estudante do Grado en Arquitectura Técnica, viaxa a Colombia coa ONG Chocó Joven para traballar nunha proposta constructiva biosostenible que de resposta as necesidades presentes en Quibdó ( Colombia). Dito proxeto, persegue a construcción dunha escola biosostenible a cal teñan acceso os nenos/as das familias máis desfavorecidas.

Araceli Macías García, estudante do Mestrado en Política Social e Intervención Sociocomunitaria, viaxa a Nicaragua coa ONG Solida para realizar formación dirixida a mozos/as e mulleres sobre a prevención da violencia, novas masculinidades e autoxestión do poder individual e colectivo. Así como a creación de acción creativas de educación e sensibilización sobre a igualdade de xénero. Neste proxecto, “Construíndo novas identidades de xénero”, tamén se prestará apoio na organización e facilitación de sesión de acompañamento á realización da diagnose comunitaria e formulación de propostas de plans de acción.

Josefina Muñoz Abad, estudante do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Socio-comunitaria, viaxa a Cuba coa ONG Mugarik Gabe para traballar nun proxecto que contribuirá a dinamización e empoderamento das redes locais a través do diagnóstico participativo sobre a realidade das mulleres de Cienfuegos (Cuba).

Rebeca Nuevo Mayán, estudante de Arquitectura, viaxa a Mozambique coa Universidade Eduardo Mondlane para participar no proxecto Kaya Clinica.Este é un proxecto de aprendizaxe-servizo para o alumnado desenvolto entre a Universidade de A Coruña e a Universidade Eduardo Moandlane. En dito proxecto, recoñecese a capacidade de acción dos propios residentes á hora de construír o seu propio hábitat ofertándolle a asistencia técnica da que non dispoñen. Esta asistencia será prestada por profesores e estudantes da Universidade de A Coruña xunto coa súa contraparte na Universidade Eduardo Mondlane e o apoio da AECID de acordo cos principios pedagóxicos da aprendizaxe por prestación de servizos.

Elena Pena Basanta, estudante de Arquitectura, viaxa a Guatemala coa ONG ARQUITECTURA SEN FRONTEIRAS para mellorar as condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, oganizacións sociais e cooperativas. Ao longo deste proxecto tamén se está a traballar nunha segunda liña de traballo que persegue a mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero na formación da infancia e xuventude mediante a creación das condicións axeitadas para que os/as alumnos poidan desempeñar da mellor xeito posible o seu traballo escolar.

Sonia Rodríguez Beltrán, estudante do Mestrado de Rehabilitacións Arquitectónicas viaxa a Mozambique coa Universidade Eduardo Mondlane para participar no proxecto Kaya Clinica. Este é un proxecto de aprendizaxe-servizo para o alumnado desenvolto entre a Universidade de A Coruña e a Universidade Eduardo Moandlane. En dito proxecto, recoñecese a capacidade de acción dos propios residentes á hora de construír o seu propio hábitat ofertándolle a asistencia técnica da que non dispoñen. Esta asistencia será prestada por profesores e estudantes da Universidade de A Coruña xunto coa súa contraparte na Universidade Eduardo Mondlane e o apoio da AECID de acordo cos principios pedagóxicos da aprendizaxe por prestación de servizos.

Elisangela Silfa Santa, estudante do Programa de Doctorado en Equidad e Innovación en Educación, viaxa a Nicaragua coa ONG Solidariedade internacional de Galicia para traballar nunha actividade que se enmarca dentro do proxecto de Cooperación Internacional “Construyendo nuevas identidades de género desde el enfoque de medios de vida sostenibles para jóvenes y mujeres supervivientes de diferentes tipos de violencia y en condiciones de post guerra y pobreza, en 6 municipios de Nueva Segovia”.

Verónica Torrijos Pérez, estudante do programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, viaxa a Honduras coa ONG ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS co obxectivo de fortalecer as capacidades locais e a participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras.

Olalla Zúniga Mesa, estudante do Grado en Administración e Dirección de empresas, viaxa a Ecuador coa ONG Ayuda en Acción para traballar na promoción da oferta turística “del Laberinto del Ángel”. Este proxecto está orientado ao fortalecemento dos eixes referentes as dinamizacións das economías locais e a conservación ambiental, mediante a implementación progresiva das actividades vinculadas ao turismo comunitario, a producción artesanal e a producción orgánica dos alimentos.