Programa Abriga: Bolsas e Axudas para persoas procedentes de zonas de conflito

No ano 2019 a Universidade da Coruña adheriuse ao programa "Rapid Response Mechanism for Higher Education in Emergencies", para facilitar o estudo universitario a persoas en situación de solicitude de protección internacional.

O seu obxectivo fundamental é contribuir a paliar a situación das persoas que buscaban asilo en Europa, pontenciando a capacidade de acollida da sociedade dende a perspectiva da educación.

Con estas bolsas, as  persoas beneficiarias están exentas de pagar os costes da matrícula universitaria do grao, mestrado ou doutoramento que escollan e terán acceso as bolsas de aloxamento, comedor e transporte.

Para a selección das persoas candidatas, trabállase principalmente a través de entidades coas que existe un convenio de colaboración para estes fins.

ODS4_Educacion