O Espazo NORMAL acolle a exposición “A Coruña, Porto Negreiro”

Nota de prensa

27/04/26 9:43

  • Institucional
  • Esta mostra, que se inaugurou o venres, permanecerá no espazo de intervención cultural da UDC ata o 15 de setembro

A Coruña, 27 de abril de 2026

O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acollerá ata o 15 de setembro a exposición “A Coruña, porto negreiro”, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas.

Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente. A través de documentos, mapas e imaxes dos séculos XVIII e XIX, revela as conexións entre progreso e violencia, así como as relacións económicas, as rutas e os silencios que sustentaron as relacións coloniais e o crecemento das cidades.

O acto de inauguración contou cunha presentación do proxecto no marco do cal se desenvolve esta exposición “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade”. A continuación tivo lugar unha actuación de repentismo poético liderada por Quinny Martínez e Las Tamboreras del Caribe, para percorrer posteriormente os contidos da mostra.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC