O pasado xoves 26 de setembro, a alumna de doutoramento Fátima María Díaz Freire defendeu con éxito a súa tese titulada “MITCA: incidencia da versión informatizada sobre o compromiso e a autorregulación en Educación Primaria”. Esta investigación, dirixida pola Prof. Dra. Susana Rodríguez Martínez e a Prof. Dra. Tania Vieites Lestón, centrouse no estudo do impacto dunha ferramenta informatizada para a prescrición de tarefas para casa co obxecto de mellorar o compromiso e a autorregulación no alumnado de Educación Primaria.
O tribunal outorgoulle a máxima cualificación de Sobresaínte Cum Laude de forma unánime, destacando a innovación e relevancia do traballo realizado.
Dende o GIPED, queremos felicitar á Dra. Fátima María Díaz Freire por este importante logro académico e desexarlle o maior dos éxitos na súa carreira profesional.
¡Parabéns, Doutora!
Publicado por: Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa