A persoa que facilita a imaxe correspondente á fotografía universitaria da UDC declara baixo a súa responsabilidade que a fotografía constitúe un dato veraz e que se corresponde coa súa persoa como parte da comunidade universitaria da UDC; por tanto, é consciente das posibles responsabilidades legais que se poderían derivar da achega de datos ou fotografías falsas.
O obxectivo da fotografía universitaria da UDC é obter unha identificación visual, non confusa, da persoa propietaria do documento. Como elemento identificador, debe representar fielmente a imaxe da persoa solicitante, polo que poden ser rexeitadas as que fagan confusa a identificación, aínda que se trate de fotografías recentes. Debe cumprir unha serie de requisitos:
As fotografías seguintes non son válidas e, por tanto, non se admiten:
En cumprimento do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), informamos de que a imaxe facilitada será tratada baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (rúa Mestranza 9, 15001, A Coruña, teléfono +34 981 16 70 00, correo electrónico rpd@udc.gal).
A finalidade do tratamento deste dato persoal é a identificación da persoa usuaria nos Servizos UDC. Todas as persoas que entren en contacto con este dato coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 LOPD. A base de lexitimación do tratamento deste dato sitúase no consentimento da persoa interesada: Art. 6.1.a) RXPD. Estes datos trataranse durante o tempo necesario para cumprir coa citada finalidade, sen prexuízo da súa conservación en relación coa posible esixencia de responsabilidades legais.
A persoa titular dos datos terá dereito a solicitar ao responsable do tratamento o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ou limitación do tratamento, nos termos previstos na lexislación vixente; para a información sobre o seu exercicio pódese consultar a web de protección de datos.