Comisións

Comité de Dirección da Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC)

As funcións do Comité de Dirección da EIDUDC están recollidas no Artigo 6 do Regulamento de Réxime Interno da EIDUDC

Composición

Comisión Permanente do Comité de Dirección da EIDUDC

As funcións da Comisión Permanente do Comité de Dirección da EIDUDC están recollidas no Artigo 9 do Regulamento de Réxime Interno da EIDUDC

Composición

Comisión de Reclamacións de Prazas de Profesorado Laboral

Esta comisión ten a competencia de resolver as reclamacións presentadas contra as propostas de resolución das comisións de selección de prazas de profesorado laboral.
Estará presidida pola persoa responsable da vicerreitoría con competencias en profesorado e composta por cinco membros do persoal docente e investigador permanente de distintos ámbitos de coñecemento designados polo Consello de Goberno a proposta da Comisión de Organización Académica e Profesorado. Con voz mais sen voto, haberá unha persoa nomeada polo comité de empresa do persoal docente e investigador laboral.

Composición

Comisión de Reclamacións

Esta comisión ten como función valorar as reclamacións que se presenten contra as resolucións das comisións de prazas de catedráticos e profesores titulares.
Será presidida polo reitor e estará constituída por seis catedráticos de universidade, de diversas áreas de coñocemento con ampla experiencia docente e investigadora.

Composición

Comisión Electoral Central

Correspóndelle regular as eleccións dos membros do Claustro e do reitor, e é o órgano competente para coñecer e resolver todas as cuestións derivadas destas e das demais eleccións contempladas nos Estatutos da Universidade.

Composición

Comisión de Biblioteca

Composición

Comité de Seguranza e Saúde da UDC

As competencias e facultades do Comité de Seguranza e Saúde da UDC (CSS-UDC) son as que establece o artigo 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL).

A composición é paritaria entre delegados de prevención e representantes da Administración Universitaria. O número de delegados/as de prevención é o que establece o artigo 35 da LPRL e determina a composición do CSS-UDC.
O/a presidente forma parte do colectivo de representantes da Administración Universitaria e o/a secretario/a do colectivo de delegados/as de prevención. O/a xefe/a do Servizo de Prevención de Riscos Laborais é membro nato, con voz e sen voto.

O CSS-UDC dispón dun regulamento de funcionamento.

Comisión Institucional de Mediación, Arbitraxe e Conciliación

A CIMAC é o órgano encargado de analizar as queixas ou reclamacións por causa de violencia psicolóxica ou física no traballo e de establecer as medidas de corrección ou as recomendacións de prevención nos procesos que se sometan ao seu estudo.

Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos

A Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos da Universidade da Coruña, que se constituíu o 25 de xuño de 2008, é o órgano colexiado encargado da avaliación das series documentais producidas polas unidades administrativas e de servizos da universidade.