Estefanía Tarrío Maneiro

tarrioEstefanía Tarrío Maneiro é Diplomada en Maxisterio, Especialidade en Educación Infantil (Universidade de Santiago de Compostela, 2012) e graduada en Socioloxía (Universidade da Coruña, 2017). Realizou un Mestrado en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados (Universidade de Socioloxía, 2019). Ademais, obtivo un contrato predoutoral FPU(Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) pola convocatoria 2019, e actualmente atópase desenvolvendo a súa tese doutoral, que versa sobre as producións da música underground en Galicia e a súa comprensión a través dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX).

Recibiu o Primeiro Premio Nacional Fin de Carreira (Ministeiro de Ciencia e Innovación, 2021), o Premio Fin de Carreira pola Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, 2018), así como os Premios Extraordinarios de fin de carreira e fin de estudos de mestrado (Universidade da Coruña, 2017 e 2019 respectivamente).

As súas liñas e intereses de investigación son multidisciplinares: Estudos Culturais, Socioloxía da Música, Etnomusicoloxía, Socioloxía Urbana ou Historia, entre outros. Recentemente realizou unha estadía de investigación internacional no Departamento de Historia da Universidade de Reading (Reino Unido).


 

ORCID: https://orcid.org/0000-0002-9173-5461

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Estefania-Tarrio

Academia.edu: https://coruna.academia.edu/Estefan%C3%ADaTarr%C3%ADo

Google Académico: https://scholar.google.com/citations?user=tPUU5P0AAAAJ

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=4060678

E-mail:  estefania.tarrio.maneiro@udc.es

Teléfono: 881014839 (Ext. 4839)