Doutora en Análise Económica e Estratexia Empresarial polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Iniciou a súa andaina como profesora na Diplomatura de Turismo desde o ano 2000 a 2009 e, posteriormente, como profesora no Grao en Turismo desde 2009 ata a actualidade. Exerceu como Profesora Responsable de Calidade de 2012 a 2021.
Actualmente, é profesora na Facultade de Turismo-UDC (Departamento de Socioloxía e Comunicación), ademais de Secretaria Académica da devandita Facultade. As súas principais liñas de investigación céntranse no desenvolvemento local desde a perspectiva turística, funcións e técnicas de relacións públicas aplicadas ao turismo e xénero e turismo. Publicou máis de 10 artigos en revistas de recoñecido prestixio, contribuído en máis de 10 libros e participado en máis de 15 congresos, dos cales foi membro do Comité Científico en 5 deles. O seu índice H é de 5 (abril 2022).
Desde o ano 2020 pertence ao Grupo de Investigación Estudos Territoriais e desde o ano 2019 é Editora Académica da Revista ROTUR, Revista de Lecer e Turismo. Tamén é membro do Grupo de Innovación Docente e Divulgación en Turismo ( GIDTur) desde 2020.
Sobre a súa participación en proxectos destácase, entre outros, que foi IP no proxecto Análise Demoscópico sobre a Demanda Turística do Camiño Inglés, financiado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés (2021). Actualmente é membro do equipo de investigación do proxecto HERIT (Erasmus+) centrado na posta en valor das casas históricas.
ORCID: https://orcid.org/my-orcid?orcid=0000-0002-4655-8830
Google Académico: https://scholar.google.es/citations?hl=es&user=Ngdq1zwAAAAJ
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=3930036