Carmen Lamela Vise é Bachelor of Arts en Antropoloxía por The American University e licenciada e doutora en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é profesora titular na Universidade da Coruña. A súa experiencia docente e investigadora desenvolveuse principalmente en antropoloxía urbana, migracións internacionais e desviación social. Tamén exerce profesionalmente como consultora en proxectos de planificación e revitalización urbana. O seu traballo máis recente céntrase no Sur global como contextos socio-espaciais e epistemológicos, empregando investigación documental, traballo de campo etnográfico, análise de contido e datos estatísticos e socio-demográficos. É membro do Comité Executivo da Asociación de Antropoloxía do Estado Español, e da directiva da Asociación Galega de Antropoloxía ( AGANTRO).
Academia.edu: https://coruna.academia.edu/CarmenLamelaViera
Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Carmen_Lamela
Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=189715
Google Académico: https://scholar.google.es/citations?user=vC_AEb8AAAAJ&hl=es&oi=ao
E-mail: lamela@udc.es
Teléfono: 981167000 (Ext. 4845)