Para estar en condicións de solicitar praza é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art. 3 do RD 412/2014 (derrogado polo RD 534/2024, de 11 de junio (BOE do 12 de xuño).
Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.
Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ou títulos equivalentes.
Poderán presentarse á parte voluntaria das PAU para mellorar a nota de admisión.
Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensinos universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba para maiores de 45 anos.
Para presentarse a estas probas os requisitos fundamentais son: ter a idade ou cumplila no ano, e non ter titulación que te permita acceder á universidade por outra vía.
1) Alumnado con estudos da UE ou convenio (aplicable también al alumnado con Bachilleratu Europeo o con Diploma de Bachillerato Internacional):
Xefatura Territorial da Consellería de Educación:
homologacion.educacion.coruna@xunta.gal
Tfno: 981184712 / 981184797 / 981184767 / 981184731
Dirección: Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña)
Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, non contempladas nos apartados anteriores.