Noticias ABAU

Aprazamento das ABAU pola Pandemia do COVID-19

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e o Ministerio de Universidades acordaron o 25.03.2020, xunto coas Comunidades Autónomas, que a proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) se desenvolva entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en convocatoria extraordinaria.
Pode ampliar a información na seguinte ligazón:

Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), organiza para as tres universidades do Sistema Universitario Galego, SUG, as probas de acceso á Universidad (ABAU) e o proceso de admisión no 1º curso das titulacións de Grao (Preinscrición): www.ciug.gal

 

nertaPlataforma para matrícula ABAU

Todos os plazos de matricula ou solicitude indicados a continuación finalizarán ás 14:00 h do día de fin de prazo indicado

 

Calendario de Matrícula: Convocatoria xuño Convocatoria xullo
Anticipada  pendente CiUG   pendente CiUG
Prematrícula (nos centros de secundaria)  pendente CiUG   pendente CiUG
Nos LERD (polos centros)  pendente CiUG   pendente CiUG
Extraordinaria (logo da resolución de reclamacións pola Comisión de Supervisión)  pendente CiUG   pendente CiUG

 

Calendario de Desenvolvemento ABAU 2020  Xuño 2020  Xullo 2020
Realización da ABAU  pendente CiUG  pendente CiUG
Publicación das cualificacións provisionais  pendente CiUG  pendente CiUG
     
Procedemento para revisión
nertaPlataforma para reclamacións ABAU
Solicitude de revisión  pendente CiUG  pendente CiUG

 

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Aos efectos da súa ponderación, a cualificación das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; por exemplo, para aqueles que as superasen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2020, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2020-2021 e 2021-2022.

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secundaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

 

Información na CIUG