Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

En Galicia, as probas de acceso ás tres universidades galegas, ABAU (Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade), están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG: www.ciug.gal

A proba de Avaliacion do Bacharelato para o Acceso á Universidade, ABAU estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

Está formada polas catro materias xerais do bloque de materias troncais:

Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II, Historia de España II e Primeira Lingua estranxeira II e a materia troncal da modalidade elixida (Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II)

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión, poderá examinarse dun máximo de catro materias que ponderen segundo as táboas de ponderación publicadas pola CIUG para cada titulación. Destas catro materias teranse en conta as cualificacíóns das dúas que máis o favorezan para a admisión en cada grao do seu interese.

A materia troncal de modalidade pode contar como materia da parte voluntaria.

Os alumnos que cursaron a parte obrigatoria en convocatorias anteriores, e só se examinen da parte voluntaria, se elixen unha Segunda Lingua Estranxeira, esta ten que ser distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

A superación da Parte Obrigatoria da proba ABAU terá validez indefinida. Os estudantes poderán presentarse a Parte Obrigatoria da proba ABAU en sucesivas convocatorias para mellorar a súa cualificación. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Aos efectos da súa ponderación, a cualificación das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas; por exemplo, para aqueles que as superasen na convocatoria Ordinaria e Extraordinaria de 2021, a nota das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terá validez para o acceso á universidade nos cursos 2021-2022 e 2022-2023.

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da Parte Voluntaria. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Téñase en conta que se o alumno se presenta de novo á materia de modalidade, nas  sucesivas convocatorias só terá efectos como materia da parte voluntaria. Se o alumno quixera que lle computara tamén para a parte obrigatoria, tería que volver a examinarse de toda a parte obrigatoria xa que todas as materias desta parte fan media en bloque, non se poden repetir por separado.
 
Nas sucesivas convocatorias a proba realizarase na universidade pública á que estea adscrito, aos indicados efectos, o centro de educación secundaria no que se superase o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

Calendario de matrícula e desenvolvemento das probas

Todos os plazos de matricula ou solicitude indicados a continuación finalizarán ás 14:00 h do día de fin de prazo indicado

Calendario Matrícula: Convocatoria
xuño
Convocatoria
xullo
Anticipada Pendente CiUG Pendente CiUG
Prematrícula (nos centros de secundaria) Pendente CiUG Pendente CiUG
Nos LERD (polos centros) Pendente CiUG Pendente CiUG
Calendario Desenvolvemento 

2021
Xuño

2021
Xullo
Realización da ABAU 8, 9 e 10 13, 14 e 15
Publicación cualificacións provisionais Pendente CiUG Pendente CiUG
Solicitude de revisión Pendente CiUG Pendente CiUG
Publicación cualificacións definitivas Pendente CiUG Pendente CiUG

Acceso ás ABAU

Poderá presentarse á ABAU Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria:

a) Alumnado que aprobe o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro (LOMCE) neste curso 2020-21 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia

b) Alumnado que aprobou o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013 en convocatorias anteriores, nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e que non teña superada a proba

c) Alumnado que teña superada a proba ABAU en convocatorias anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa residencia na C.A. e desexe mellorar a súa cualificación. Ten que presentar unha Resolución da Consellería de Educación de adscrición a un Centro, que se tramita telemáticamente (ver información na pestana superior).

d) Alumnado que teña un título de ordenacións educativas anteriores (PREU, COU, LOXSE, MÚSICA E DANZA) declarado equivalente ao título de bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013, obtido nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro da C.A. de Galicia (ver información na pestana superior).

Poderá presentarse á ABAU - Parte Voluntaria

Co fin mellorar a nota de admisión á Universidade, con validez de 2 cursos académicos:

a) Alumnado que teña superada a parte obrigatoria en anos anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma e que acrediten a súa adscrición a un centro da C.A. de Galicia.

b) Alumnado de FP que obtivese o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente neste curso 2020- 21 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia

c) Alumnado de FP pertencente a centros da C. A. de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria de xuño de 2021, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria da ABAU. [Deberán presentar certificación académica oficial provisional].

d) Alumnado de FP que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente obtido en anos anteriores nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro da C.A. Galicia.

e) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no Convenio polo que se establece o Estatuto das Escalas Europeas, acordado en Luxemburgo o 21 de xuño de 1994 e/ou alumnado que obtivese o Diploma do Bacharelato Internacional, expedido pola Organización do Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza), e que desexe mellorar a súa cualificación e que acredite a súa adscrición a un centro da C.A. de Galicia.

f) Alumnado de anos anteriores con acreditación expedida pola UNED para acceder ás Universidades Españolas e que acredite a súa adscrición a un centro da C.A. de Galicia.

g) Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que obtivese a homologación dos seus estudos ou teña presentada a solicitude de homologación aos títulos de bacharelato ou de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior español e que acredite a súa adscrición a un centro da C.A. de Galicia.

Información adicional:

Solicitude de adscricion a un centro de bacharelato para alumnado de fóra de Galicia que queira realizar as ABAU en Galicia

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  PR004A
  • Solicitar con:
    • Certificado digital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Certificación académica completa
    • Certificado de empadronamiento
  • Dudas sobre o procedemento: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Solicitude de homologacion de estudos de sistemas educativos estranxeiros aos seus equivalente españois (non universitarios)

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  ED434A
  • Solicitar con:
    • Certificado dixital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Título académico
    • Certificación académica completa
    • Acreditación do aboamento das taxas
  • Dúbidas sobre o procedemento: homologacion.educacion.coruna@xunta.gal 

Os orixinais dos documentos expedidos no estranxeiro deberán ser:

  • OFICIAIS
  • LEGALIZADOS por algunha destas dúas vías:
    • 1º) Ministerio de Educación do país no que se expediron os documentos  e
    • 2º) Ministerio de Asuntos Exteriores do país no que se expediron
    • 3º) Representación diplomática o consular de España nese país

§  Ministerio de Educación do país no que se expediron os documentos  e
§  Apostilla de la Haia (para países firmantes do Convenio)

Procedemento de matrícula nas ABAU 2021 nos LERD da Coruña e de Ferrol (UDC)

Lugar: Na Secretaría do Colexio/IES onde cursa 2º Bacharelato
Prazo: xa rematado para o 2020
Documentación necesaria: A que lle esixa a Secretaría do seu Centro

Matrícula na Parte Voluntaria e/ou Obrigatoria da ABAU

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula: https://www.edu.xunta.es/nerta/

2- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Como non constan os seus datos académicos e como requisito previo á matrícula, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando os seus datos persoais completos:

  • Fotocopia DNI
  • Teléfono móbil
  • Certificación académica do bacharelato, no que conste a nota media do expediente e a data do depósito do título
  • Resolución da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de adscripción a un Centro

2- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula : https://www.edu.xunta.es/nerta/

3- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede
  • Resolución da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de adscripción a un Centro

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Información complementaria:

Solicitude de adscrición a un centro de bacharelato para alumnado de fóra de Galicia que queira realizar as ABAU en Galicia - Procedemento telemático

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  PR004A
  • Solicitar con:
    • Certificado digital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Certificación académica completa
    • Certificado de empadronamiento
  • Dudas sobre o procedemento: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Matrícula na Parte Voluntaria da ABAU

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula, unha vez que o seu Centro volque os datos académicos de XADE en NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta/

No caso de que non consten os seus datos académicos, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando esta incidencia, cos datos persoais completos:

  • Fotocopia DNI
  • Teléfono móbil
  • Certificación académica do Ciclo Formativo de Grao Superior, no que conste a nota media do expediente e a data do depósito do título (no seu defecto acreditación de ter aboadas as taxas para a expedición do título)

2- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Matricularase da Parte Voluntaria ABAU

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula : https://www.edu.xunta.es/nerta/

No caso de que non consten os seus datos académicos, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando esta incidencia, cos datos persoais completos:

  • Fotocopia DNI
  • Teléfono móbil
  • Certificación académica do Ciclo Formativo de Grao Superior, no que conste a nota media do expediente e a data do depósito do título

2- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Como non constan os seus datos académicos e como requisito previo á matrícula, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando os seus datos persoais completos:

  • Fotocopia DNI
  • Teléfono móbil
  • Certificación académica do Ciclo Formativo de Grao Superior, no que conste a nota media do expediente e a data do depósito do título
  • Resolución da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de adscripción a un Centro

2- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula : https://www.edu.xunta.es/nerta/

3- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede
  • Resolución da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de adscripción a un Centro

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Información complementaria:

Solicitude de adscrición a un centro de bacharelato para alumnado de fóra de Galicia que queira realizar as ABAU en Galicia - Procedemento telemático

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  PR004A
  • Solicitar con:
    • Certificado digital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Certificación académica completa
    • Certificado de empadronamiento
  • Dudas sobre o procedemento: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Matricularase da Parte Voluntaria

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Como non constan os seus datos académicos e como requisito previo á matrícula, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando os seus datos persoais completos:

2- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula: https://www.edu.xunta.es/nerta/

3- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Información complementaria:

Solicitude de homologación de estudos de sistemas educativos estranxeiros aos seus equivalente españoles  (non universitarios) - Procedemento telemático

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  ED434A
  • Solicitar con:
    • Certificado dixital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Título académico
    • Certificación académica completa
    • Acreditación do aboamento das taxas
  • Dúbidas sobre o procedemento: homologacion.educacion.coruna@xunta.gal 

Os orixinais dos documentos expedidos no estranxeiro deberán ser:

  • OFICIAIS
  • LEGALIZADOS por algunha destas dúas vías:
    • 1º) Ministerio de Educación do país no que se expediron os documentos  e
    • 2º) Ministerio de Asuntos Exteriores do país no que se expediron
    • 3º) Representación diplomática o consular de España nese país

§  Ministerio de Educación do país no que se expediron os documentos  e
§  Apostilla da Haia (para países firmantes do Convenio)

Solicitude de adscrición a un centro de bacharelato para alumnado de fóra de Galicia que queira realizar as ABAU en Galicia - Procedemento telemático

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  PR004A
  • Solicitar con:
    • Certificado digital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Certificación académica completa
    • Certificado de empadronamiento
  • Dudas sobre o procedemento: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Matricularse da Parte Voluntaria da ABAU.

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Como non constan os seus datos académicos e como requisito previo á matrícula, debe enviar un correo electrónico ao LERD, comunicando os seus datos persoais completos:

2- Matrícula a través de NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta/

3- Documentación que deben enviar por correo electrónico unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede
  • Credencial UNEDassis: https://unedasiss.uned.es/home
  • Resolución de adscrición a un Centro da Comunidade Autónoma

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Información complementaria:

Solicitude de adscrición a un centro de bacharelato para alumnado de fóra de Galicia que queira realizar as ABAU en Galicia - Procedemento telemático

  • Web: sede.xunta.gal
  • Buscador de web:  Solicitude  xenérica  PR004A
  • Solicitar con:
    • Certificado digital
    • Chave 365
  • Documentación a presentar:
    • Solicitude xenérica
    • DNI
    • Certificación académica completa
    • Certificado de empadronamiento
  • Dudas sobre o procedemento: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Matrícula na Parte Voluntaria e/ou Obrigatoria da ABAU

Prazo: xa rematado para o 2020

Procedemento:

1- Matrícula a través de NERTA na pestana de matrícula: https://www.edu.xunta.es/nerta/

2- Documentación que deben enviar unha vez realizada a matrícula:

  • Fotocopia DNI
  • Impreso de matrícula xerado por NERTA asinado, no que conste o xustificante de aboamento das taxas
  • Xustificante vixente de exención de taxas, se procede

Lugar de envío da documentación:  Por correo electrónico ao LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentos), que lle corresponda por zona, dos sete que hai no Sistema Universitario Galego

Información na CIUG

Noticias ABAU

ABAU 2021

2021

A CIUG publica os modelos de exame para as ABAU 2021. Pode atopalos na seguinte ligazón:

A Universidade da Coruña (UDC) publicará a Convocatoria para a presentación da acreditación de coñecemento de idioma inglés, para a admisión aos estudos de grao en xestión industrial da moda, para o curso académico 2021/22:
Pendente de publicación convocatoria 2021/22
Prazo de presentación dos xustificantes: consultar