Organización

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC), creada no ano 2013 (Decreto 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do Sistema universitario de Galicia), é o Centro que asume a organización, a planificación, a xestión, a supervisión e o seguimento da oferta global de actividades propias do doutoramento na UDC. Están adscritos á EIDUDC todos os programas de doutoramento da UDC.

O órgano de goberno da EIDUDC é o Comité de Dirección. Este Comité está presidido polo/a director/a da EIDUDC e integrado polos coordinadores dos programas de doutoramento verificados polo RD 99/2011, unha representación das entidades colaboradoras, alumnado e PAS, e o/a secretario/a da EIDUDC, que actúa así mesmo como secretario do Comité.

O órgano executivo da EIDUDC é a Comisión Permanente, presidida polo/a director/a da EIDUDC e integrada por un coordinador de programa de doutoramento de cada ámbito de coñecemento e un representante do alumnado, un representante do PAS, e o/a secretario/a da EIDUDC, que actúa así mesmo como secretario da Comisión.

O funcionamento da EIDUDC está determinado polo Regulamento de estudos de doutoramento da UDC e o Regulamento de réxime interno da EIDUDC.

 

Equipo de Dirección da EIDUDC

Organos colexiados

Representantes do alumnado

 

Localización e administración da EIDUDC

Oficina de Doutoramento: Mapa

Enderezo postal:

Oficina de Doutoramento
Pavillón de Estudantes
Campus de Elviña
15008 A Coruña
A Coruña, España (ES)

Enderezo electrónico:

Teléfonos de contacto: 981 167 000 + ext.

  • Ana Grela Eirís, ext. 2351
  • Laura Rodríguez Vázquez, ext. 2352
  • Mª Carmen Docampo Muiño, ext. 2350
  • Mª Jesús Codesido López, ext. 2353
  • Mª Pilar Cartemil García, ext. 2389
  • Marta Gómez Pérez, ext. 2364
  • Mercedes Martínez Ayala, ext.1355