Verán cultural 2019 na UDC

En xullo para a rapazada dos 4 aos 12 anos de idade
En A Coruña Descobre a natureza que che rodea e en Ferrol The Five Senses 

Descobre a natureza que che rodea

A Coruña, Campus de Elviña

Descobre a natureza que che rodea fórmase por ciclos de 10 días que se desenvolven en equipamentos urbanos con entornos naturais próximos. Diríxese á rapazada dos 4 aos 12 anos de idade co obxectivo de descubrir nesas idades a flora e fauna próxima, interactuar cos recursos naturais e facer obradoiros de sensibilización, reciclaxe, e roteiros, dinámicas e xogos para o respecto e a diversión ao ar libre.

A través da integración das diferentes actividades e a partir do contacto co medio natural, foméntase a autonomía dos rapaces e rapazas, creando vínculos e estimulando as súas capacidades.

As actividades adáptanse a cada grupo de idade e fanse subgrupos de acordo coas súas necesidades especiais.

1ª Quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)
2º Quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

Horario: 8:30 h - 15:00 h (sen comedor) / 8:30 h - 16:00 h (con comedor)

O xantar é opcional no comedor de Ciencias da Educación.
A inscrición non inclúe transporte coa excepción das excursións programadas.

Prezos

1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

Prazo de inscrición

1ª Quenda: Até o 28 de xuño á 13:00 h
2ª Quenda: Até o 12 de xullo á 13:00 h

Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario e varios arquivos: autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia (se ten DNI, tamén vale).

Inscrición:

  •  autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente, todo isto na ligazón de Matrícula)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  elixa a quenda do Verán Cultural elixido no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme

Matrícula

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.

The Five Senses

Ferrol, Campus de Esteiro

No The Five Senses activaremos os nosos sentidos coa arte, a música, a ciencia e o deporte.

Se traballarán os contenidos de inglés con contacontos, xogos, recursos audiovisuaís, teatro, manualidades, as ciencias e novas tecnoloxías, a danza, deportes e os xogos tradicionais...

De 4 a 12 anos.

1ª Quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)
2º Quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

Horario: 8:30 h - 15:00 h (sen comedor) / 8:30 h - 16:00 h (con comedor)

O xantar é opcional no comedor do Campus de Esteiro.
O campamento non inclúe transporte coa excepción das excursións programadas.

Prezos

1ª Quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

2º Quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días de 8:30 h a 15:00 h)

  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €

Prazo de inscrición

Comunidade universitaria do 28 de maio ao 27 de xuño
Persoas alleas á UDC do 17 ao 27 de xuño

Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que enviar ao enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.es catro arquivos: autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

Inscrición:

  • autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  prema na pestana Campamentos - Ferrol
  •  elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse