Verán cultural na UDC 2024

Verán Cultural na UDC 2024

Campamentos xullo 2024 - Actividades lúdicas en inglés

 

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos no campus de Elviña.

As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo.

Datas horarios e espazos

De luns a venres de 9:00 a 14:30h.

Horario de comedor (opcional) de 14:30 a 15:30 h. O pagamento farase polo período completo do campamento

Facultade de Ciencias da Educación en Elviña:

  • 1-12 de xullo
  • 15–29 xullo

Entrada: a partir das 8:15 h

Saída: entre as 14:30 e as 14:45 h (hora límite). No caso de facer uso do comedor, a hora límite serán as 15:30 h

Descontos

O desconto do 10%  por familia numerosa hai que seleccionalo. O desconto do 10%  por 2ª filla/o faise automaticamente (non hai que seleccionar nada). Pero para que se aplique este desconto por 2ª filla/o, primeiro hai que completar a inscrición da/o primeira/o filla/o (non se poden facer as dúas inscricións ao mesmo tempo). 

Actividades do campamento Elviña 2024

Matriculación en campamento inglés A Coruña 2024

 

Prazos de Inscrición

Inicio:

  • Comunidade universitaria: 5 de xuño
  • Alumnado da UDC e persoas externas: 12 de xuño

Remate:

  • Para fillos/as de traballadores/as da UDC: o 25 de xuño, ás 13:30 h
  • Para fillos/as do alumnado e persoas externas: o 25 de xuño, ás 13:30h 

 

Titorial de como dar de alta e inscribir o fillo/a :

Fillo/a de PAS, PDI ou PEC da UDC

Fillo/a do alumnado da UDC e de persoas externas á UDC 

Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar una copia do Libro de familia ou  do  título de familia numerosa.

Todas as inscricións e pagamentos serán en liña.