En vista do éxito da edición anterior, a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente quere continuar premiando a dedicación do profesorado mediante a convocatoria da 2ª edición dos premios ás mellores experiencias de innovación docente presentadas nestas xornadas.
Nesta ocasión, os premios non serán económicos senón en forma de equipamento tecnolóxico e están patrocinados e financiados por varias cátedras da UDC.
A continuación describimos con máis detalle cada un dos premios:
Todos os premios terán a mesma dotación: Unha tablet de alta gama e certificación acreditativa.
O proceso de valoración das experiencias presentadas terá dúas fases:
Entre os días 7 e 13 de maio (ata as 15 horas) todas as persoas inscritas nas xornadas poderán votar de xeito anónimo a través dun formulario. Poderanse emitir dous votos, un para os premios á mellor experiencia docente e outro para o premio especial.
Transcorrido o prazo de votación publicaranse os resultados. As experiencias candidatas ordenaranse segundo o número de votos recibidos e seleccionaranse as experiencias que se corresponden cos 10 valores máis altos para os premios á mellor experiencia docente e os 5 valores máis altos para o premio especial.
As experiencias seleccionadas como resultado da fase 1 serán avaliadas por un xurado que estará formado polas seguintes persoas:
O xurado dará prioridade aos criterios de calidade pedagóxica (60%) sobre os técnicos (20%) e os relacionados coa innovación (20%). O fallo do xurado será inapelable. Os premios entregaranse durante o acto de clausura das xornadas no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación o día 20 de maio de 2022.
Ver bases e criterios de valoración dos premios