Participación

Para relatore/as:

Ao igual ca o ano pasado, a modalidade de participación como relatores será única a través de video-comunicación. Os requisitos serán os seguintes:

  • Débese gravar un vídeo de entre 3 e 4 minutos en formato apaisado (se o vídeo supera os 4 minutos non será valorado)
  • Pódese optar por aparecer en imaxe ou gravar só pantalla con unha presentación de tipo Powerpoint (Ver axuda para facer as gravacións de forma sinxela: con Teams Con Streamcon PowerPoint).
  • A partires do día 2 de maio, todas as persoas inscritas nas xornadas serán engadidas a un equipo de Teams co nome das xornadas que levará aparellada unha canle de Stream. O autor/a do vídeo deberá compartilo só coa canle de Stream do equipo entre o 2 e o 6 de maio.
  • A estructura de contido deberá ser a seguinte:
    • Datos: Título e presentación do autor/es
    • Contextualización e xustificación da experiencia
    • Desenvolvemento
    • Resultados/Conclusións
    • Fontes documentais
  • Pódese descargar aquí un modelo de presentación para usar como fondo do vídeo (non é obrigatorio usar este modelo pero si aterse ao tempo de gravación)

Calquera dúbida relativa a video-comunicacións consultala en innovacion.cufie@udc.es ou na extensión 5612

Para asistentes:

As persoas inscritas como asistentes serán engadidas a partires do 2 de maio a un equipo de Teams das xornadas e terán diferentes oportunidades de participación activa nas mesmas:

  • Fase asíncrona:

Visualización de vídeos e votación: Entre os días 7 e 13 de maio poderán ver os vídeos na canle de Stream do equipo e votar de xeito anónimo polas tres experiencias  que consideren máis interesantes a través dun formulario que permanecerá aberto ata o día 13 de maio ás 15:00 horas.

  • Fase síncrona:

20 de maio

Obradoiros: O público asistente deberá elixir por orde de preferencia entre os obradoiros que se ofertan no formulario de inscrición. A asignación será por orde de recepción ata agotar as prazas.