Inscrición e certificación

Prazo de inscrición aberto ate o 10 de novembro de 2019

A inscrición realizarase utilizando o seguinte formulario.

Os prazos de inscrición serán os seguintes: 26 de xuño - 10 de novembro de 2019

A inscrición é gratuíta e proporcionarase tanto aos poñentes como aos asistentes certificados acreditativos da súa participación (para obter o certificado de asistencia haberá que asinar como mínimo dúas das tres veces que se pasará control de sinaturas)

Ao igual ca nas edicións anteriores, cos textos completos farase unha publicación dixital con ISBN e DOI aloxada no RUC da UDC. Dita publicación vai recoller os textos completos e os pósters daquelas propostas que resulten aprobadas polo comité científico. Por este motivo, é importante que se presenten propostas orixinais que non foran publicadas anteriormente por outros medios.

 

Nota: As xornadas serán fotografadas e/ou gravadas en vídeo para a súa difusión posterior, polo que a inscrición nas mesmas leva implícito que tanto asistentes coma poñentes outorguen necesariamente o seu consentemento para difundir o evento por medios gráficos.