Os prazos de inscrición serán os seguintes: 21 de xuño - 21 de outubro de 2018 AMPLIADO O PRAZO ATA O VENRES 26 DE OUTUBRO
A inscrición é gratuíta e proporcionarase tanto aos poñentes como aos asistentes certificados acreditativos da súa participación (no caso do certificado de asistencia é obrigatoria unha asistencia mínima dun 85%)
Ao igual ca na edición anterior farase unha publicación dixital con ISBN e DOI aloxada no RUC da UDC. Dita publicación vai recoller os textos completos e os pósters daquelas propostas que resulten aprobadas polo comité científico. Por este motivo, é importante que se presenten propostas orixinais que non foran publicadas anteriormente por outros medios.
Nota: As xornadas serán fotografadas e/ou gravadas en vídeo para a súa difusión posterior, polo que a inscrición nas mesmas leva implícito que tanto asistentes coma poñentes outorguen necesariamente o seu consentemento para difundir o evento por medios gráficos.