As Xornadas de Innovación Docente están destinadas a persoal docente e investigador da Universidade da Coruña, polo que para presentar Comunicacións ou Pósters é preciso ter este perfil.
Admitirase a participación de docentes doutras universidades sempre e cando as propostas presentadas estean realizadas no marco de proxectos interuniversitarios integrados por PDI da Universidade da Coruña.
No referente á inscrición aínda que terá preferencia o PDI da UDC, admitirase en función do aforo dispoñible a calquera persoa da comunidade universitaria da UDC con interese pola temática das xornadas.