Comunicacións e pósters

Modalidades de presentación de traballos

Os traballos presentados deberán axustarse ás seguintes modalidades:

a) Comunicación oral
b) Póster

Idiomas de presentación dos traballos

Tanto resumos coma Comunicacións ou Pósters poderán ser presentados en calquera dos idiomas seguintes:

  • Galego
  • Castelán
  • Inglés

Eixos temáticos

Os traballos integraranse nalgún dos seguintes eixos temáticos estratéxicos:

  • Aplicación educativa das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): Plataforma Moodle, edublogs, contidos multimedia educativos, portafolios dixitais, gamificación, realidade virtual e aumentada, redes sociais, software educativo.
  • Impulso da Responsabilidade Social Universitaria: Aprendizaxe servizo, atención á diversidade, sostibilidade e perspectiva de xénero.
  • Metodoloxías activas: Aprendizaxe Basado en Proxectos, Aprendizaxe basado en Problemas, Método de Caso, Aprendizaxe Cooperativo/Colaborativo, Flipped Classroom, Design Thinking.
  • Recursos para a avaliación das aprendizaxes: Rúbricas, portfolios, diarios de aprendizaxe.
  • Xestión de centros e colaboración entre docentes: Traballo colaborativo entre docentes, comunidades de aprendizaxe docente, proxectos de formación en centros, proxectos interdisciplinares e proxectos interuniversitarios.

Presentación de resumos

Para presentar un traballo tanto en modalidade Comunicación coma en modalidade Póster, cómpre enviar previamente un resumo ou abstract que constará entre 300 e 500 palabras que inclúa os seguintes aspectos:

  • Título da proposta
  • Autor/autores (nome e contacto)
  • Modalidade (comunicación ou póster)
  • Eixo/s temático/s no/s que se integra a proposta
  • Resumo

Os resumos entregaranse vía correo electrónico ao seguinte enderezo: innovacion.cufie@udc.es especificando no asunto: resumo udcinnova- nome do autor/a.

Modelo para a elaboración da proposta de comunicación e póster.

Prazos de presentación de resumos

Do 12 de xuño ao 21 de xullo de 2017

Normas para a presentación de pósters definitivos

1. Formato

  • Os pósters impresos axustaranse ao formato DIN A1 (594mm x 841mm) con orientación vertical.

2. Contido

  • Levarán un encabezado co título, lema e lugar e data de celebración das xornadas na tipografía corporativa da UDC (Arial ou Helvética). A continuación, o título do póster na mesma tipografía (con maior tamaño e negriña) que deberá ser o mesmo ao presentado no resumo correspondente.
  • No pé de páxina irán os nomes das persoas autoras e un mail de contacto, así como os logos da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente e o do Cufie.
  • Aconséllase expoñer o contido de xeito claro e sinxelo, empregando o mínimo texto posible (nas tipografías corporativas) e facendo uso de recursos gráficos (imaxes, ilustracións, gráficos, táboas, etc.). No caso de incluír referencias bibliográficas, estas axustaranse ás Normas APA.
  • Para maior comodidade dos participantes proporcionamos o modelo de póster en ppt e pdf, así como os logos necesarios para o pé de páxina:
    Modelo póster en ppt
    Modelo póster en pdf
    Logo Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
    Logo Cufie

3. Colocación e presentación

  • O/as autor/as do póster responsabilizaranse da súa impresión, traslado e colocación durante a mañá do día 27 de outubro nos paneis habilitados ao efecto na planta -3 da Fac. de Educación para a súa exhibición nas Xornadas. Haberá persoal de apoio para axudar na colocación. Aqueles autores que o prefiran poden facernos chegar o póster impreso ao Cufie (persoalmente ou por correo interno) coa suficiente antelación para que o coloquemos nós o día antes das xornadas.
  • Cada póster será exhibido durante toda a xornada e o/as autore/as deberán estar presentes na franxa horaria que se comunicará polo Comité Organizador para explicar o seu traballo ás personas interesadas.

Normas para a presentación de comunicacións definitivas

  • As comunicacións elaboraranse en formato powerpoint, impress ou similar.
  • Cada poñente responsabilizarase de levar a presentación para expoñela desde o equipo da aula correspondente. Non se poderán utilizar, pois, dispositivos tecnolóxicos persoais para proxectar a presentación.
  • Cada poñente disporá de 20 minutos totais para a exposición oral e a rolda de preguntas. A exposición oral en ningún caso excederá de 15 minutos. Recoméndase o formato PECHA KUCHA  que consiste en :
    • Tempo: 6 min. 40 seg.
    • Formato 20 x 20: 20 diapositivas de 20 segundos cada unha.
    • Transición automática entre diapositivas

O obxectivo destas normas é favorecer un formato áxil e dinámico de comunicación onde prevaleza a participación, o debate e o intercambio de ideas.
 

 Normas para o envío de textos destinados á publicación dixital

O/as autore/as cuxos traballos foron seleccionados para seren expostos nas II Xornadas de Innovación Docente teñen  de prazo ata o día 30 de novembro de 2017 para entregaren os textos destinados á súa publicación dixital.

Ditos textos, deberán axustarse aos modelos e instruccións que achegamos a continuación e enviaranse ao correo electrónico innovacion.cufie@udc.es

  • Para as comunicacións:

Enviar o texto segundo o modelo proporcionado aquí debaixo, en formato Word ou OpenOffice  co Asunto: texto completo+ Título da comunicación.

Modelo para texto completo de comunicación oral

  • Para os paneis de experiencias:

Empregarase o mesmo modelo das comunicacións orais e enviarase co Asunto: Texto completo+Título do panel.

  • Para os pósters:

Para os pósters precisamos que enviedes dous arquivos: por unha banda o texto co resumo e as referencias bibliográficas segundo o modelo que podedes descargar aquí debaixo; e por outra, o arquivo orixinal en PPT no que fixestes a maquetación do póster para a súa exposición. Titulade ambos arquivos co o número de póster que tedes asignado nas xornadas (P1, P2, P3, etc.) e enviádeos co Asunto: Texto completo+P1/P2...

Modelo para texto completo de póster