Inscrición e certificación

Prazo de inscrición aberto ate o 15 de outubro de 2017

A inscrición realizarase utilizando o seguinte formulario.

Os prazos de inscrición serán os seguintes: 12 de xuño - 15 de outubro de 2017

A inscrición é gratuíta e proporcionarase tanto aos poñentes como aos asistentes certificados acreditativos da súa participación (no caso do certificado de asistencia é obrigatoria unha asistencia mínima dun 85%)

Como novidade este ano farase unha publicación dixital con ISBN  no RUC da UDC, que vai recoller os textos completos e os pósters daquelas propostas que resulten aprobadas polo comité científico. Por este motivo, é importante que se presenten propostas orixinais que non foran publicadas anteriormente por outros medios.

 

Nota: As xornadas serán fotografadas e/ou gravadas en vídeo para a súa difusión posterior, polo que a inscrición nas mesmas leva implícito que tanto asistentes coma poñentes outorguen necesariamente o seu consentemento para difundir o evento por medios gráficos.