Modalidades de presentación de traballos
Os traballos presentados deberán axustarse ás seguintes modalidades:
a) Comunicación oral
b) Póster
Idiomas de presentación dos traballos
Tanto resumos coma Comunicacións ou Pósters poderán ser presentados en calquera dos idiomas seguintes:
Eixos temáticos
Os traballos integraranse nalgún dos seguintes eixos temáticos estratéxicos:
- Aplicación educativa das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): plataforma Moodle, edublogs, contidos multimedia educativos, portafolios dixitais, gamificación, Flipped Classroom, realidade virtual e aumentada, redes sociais, software educativo.
- Impulso da Responsabilidade Social Universitaria: Aprendizaxe servizo, atención á diversidade, sostibilidade, perspectiva de xénero.
- Innovación nos procesos de ensino-aprendizaxe: metodoloxías activas, procesos de avaliación da aprendizaxe, proxectos interdisciplinares, aprendizaxe integrado de contidos en linguas estranxeiras e divulgación científica.
Presentación de resumos
Para presentar un traballo tanto en modalidade Comunicación coma en modalidade Póster, cómpre enviar previamente un resumo ou abstract cun máximo de 350 palabras que inclúa os seguintes aspectos:
- Título da proposta
- Autor/autores (nome e contacto)
- Modalidade (comunicación ou póster)
- Eixo/s temático/s no/s que se integra a proposta
- Resumo
Os resumos entregaranse vía correo electrónico ao seguinte enderezo: innovacion.cufie@udc.es especificando no asunto: resumo udcinnova- nome do autor/a.
Modelo para a elaboración da proposta de comunicación e póster.
Prazos de presentación de resumos
Do 14 de xuño ao 21 de xullo de 2016
Normas para a presentación de pósters definitivos
1. Formato
- Os pósters impresos axustaranse ao formato DIN A1 (594mm x 841mm) con orientación vertical.
- As persoas autoras remitirán ao correo innovacion.cufie@udc.es unha versión dixital en PDF do póster definitivo antes do día 21 de Outubro.
2. Contido
- Levarán un encabezado co título, lema e lugar e data de celebración das xornadas na tipografía corporativa da UDC (Arial ou Helvética). A continuación, o título do póster na mesma tipografía (con maior tamaño e negriña) que deberá ser o mesmo ao presentado no resumo correspondente.
- No pé de páxina irán os nomes das persoas autoras e un mail de contacto, así como os logos da Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente e o do Cufie.
- Aconséllase expoñer o contido de xeito claro e sinxelo, empregando o mínimo texto posible (nas tipografías corporativas) e facendo uso de recursos gráficos (imaxes, ilustracións, gráficos, táboas, etc.). No caso de incluír referencias bibliográficas, estas axustaranse ás Normas APA.
- Para maior comodidade dos participantes proporcionamos o modelo de póster en ppt e pdf, así como os logos necesarios para o pé de páxina:
Modelo póster en ppt
Modelo póster en pdf
Logo Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
Logo Cufie
3. Colocación e presentación
- O/as autor/as do póster responsabilizaranse da súa impresión, traslado e colocación durante a mañá do día 21 de outubro nos paneis habilitados ao efecto na planta -3 da Fac. de Educación para a súa exhibición nas Xornadas. Haberá persoal de apoio para axudar na colocación. Aqueles autores que o prefiran poden facernos chegar o póster impreso ao Cufie (persoalmente ou por correo interno) coa suficiente antelación para que o coloquemos nós o día antes das xornadas.
- Cada póster será exhibido durante toda a xornada e o/as autore/as deberán estar presentes na franxa horaria que se comunicará polo Comité Organizador para explicar o seu traballo ás personas interesadas.
Normas para a presentación de comunicacións definitivas
- As comunicacións elaboraranse en formato powerpoint ou similar e serán enviadas ao correo innovacion.cufie@udc.es antes do día 10 de Outubro (no caso de videopresentacións, prezi ou similares, enviarase a ligazón).
- Esta presentación é a que o autor atopará preparada o día da súa exposición no equipo da aula correspondente. Non se poderán utilizar, pois, dispositivos tecnolóxicos persoais para proxectar a presentación, nin presentacións diferentes á remitida.
- Cada poñente disporá de 20 minutos totais para a exposición oral e a rolda de preguntas. A exposición oral en ningún caso excederá de 15 minutos. Recoméndase o formato PECHA KUCHA que consiste en :
- Tempo: 6 min. 40 seg.
- Formato 20 x 20: 20 diapositivas de 20 segundos cada unha.
- Transición automática entre diapositivas
O obxectivo destas normas é favorecer un formato áxil e dinámico de comunicación onde prevaleza a participación, o debate e o intercambio de ideas.