Bibliografías

«Library-shelves-bibliographies-Graz» de Dr. Marcus Gossle. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons (c) «Library-shelves-bibliographies-Graz» de Dr. Marcus Gossle. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons

Bibliografías nacionais

Bibliografía Española en línea: recolle os rexistros bibliográficos dos documentos publicados en España que ingresan na Biblioteca Nacional de España segundo as disposicións vixentes de Depósito Legal.

Bibliographie nationale française: recolle os rexistros bibliográficos dos documentos publicados e difundidos en Francia que ingresan na Bibliothèque nationale de France en virtude do Depósito Legal.

Bibliografia nazionale italiana:  recolle os rexistros bibliográficos dos documentos publicados en Italia que ingresan na Biblioteca nazionale centrale di Firenze segundo as disposicións vixentes de Depósito Legal.

Bibliografia Nacional Portuguesa: recolle a produción editorial en Portugal a partir das publicacións depositadas na Biblioteca Nacional de Portugal ao abrigo da lei de depósito legal.

British National Bibliography: recolle os títulos de libros e revistas publicados e distribuídos no Reino Unido e Irlanda desde 1950, incluíndo as publicacións electrónicas.

Deutsche Nationalbibliografie: recolle obras de diferentes tipoloxías (libros, revistas, teses, etc.) publicadas en Alemania, obras publicadas en alemán no estranxeiro e obras sobre Alemania publicadas no estranxeiro.

European Historical Bibliographies: páxina de información sobre as bibliografías nacionais que forman parte do European Historical Bibliographies Project.

Bibliografías especializadas

BrillOnline Bibliographies: permite unha busca limitada nas bibliografías da editorial Brill: ABIA (Index of South and Southeast Asian Art and Archaeology), Bibliography of Arabic Books Online (BABO), Book History Online (BHO), Index Islamicus Online, Index to the Study of Religions, Linguistic Bibliography Online, The Boston College Jesuit Bibliography e The International Aristotle Bibliography.

The Collection of Computer Science Bibliographies: colección de bibliografías de literatura científica de informática. As referencias, na súa maioría de artigos de revistas, ponencias e informes técnicos, preséntanse en formato Bib TeX e moitas conteñen URLs da versión en liña.

Oxford Bibliographies: colección de guías que combinan as características dunha bibliografía anotada e unha enciclopedia de alto nivel, desenvolvidas entre bibliotecarios e investigadores de todo o mundo.

Bibliografía de escritoras españolas (Proxecto BIESES): base de datos que recolle e sistematiza as fontes informativas existentes para o estudo da escrita feminina.

International Philosophical Bibiography (Répertoire bibliographique de la philosophie): desde 2009 é publicado polo Institut Supérieur de  Philosophie da Université Catolique de Louvain (UCL) e constitúe unha ferramenta de grande utilidade para a investigación da Filosofía.

Library of Congress Bibliographies, Research Guides, and Finding Aids: listaxe de bibligrafías e guías de información sobre os recursos da Library of Congress ordenada alfabeticamente por temas.

Institucións, organismos, asociacións

Asociación Española de Bibliografía:  o seu obxectivo consiste en fomentar o coñecemento do libro español e a súa historia mediante o estudo da produción bibliográfica nacional.

The Bibliographical Society: institución que se dedica ao estudo e á investigación da bibliografía histórica, analítica, descritiva e textual, así como outros aspectos da creación e historia do libro.

Oxford Bibliographical Society: institución creada para promover a investigación bibliográfica (manuscritos, libros impresos e as artes e comercios relacionados).

The Printing Historical Society: institución que se centra na historia da impresión e promove o estudo e conservación de máquinas e equipos para imprimir de valor histórico.