Extensións do navegador para acceder a documentos de acceso aberto

Hai varias extensións que se poden instalar nos navegadores que indican se existe unha versión dun artigo dispoñible en acceso gratuíto, ben sexa porque está nun repositorio, publicouse en aberto…ou está dispoñible a través dunha subscrición institucional.

Core discovery

Axuda a atopar copias accesibles libremente de traballos de investigación. Está dispoñible como extensión para Chrome, Mozilla e Opera. Pero tamén pódese descargar como plugin para repositorios e como API para desarrolladores.

EndNote Click

Extensión para o navegador que atopa o mellor PDF dispoñible dun artigo académico mentres se navega e proporciona o acceso con tan só un clic a través dun botón que se atopa nun lugar altamente visible. Tamén permite o acceso ás subscricións da universidade para atopar a mellor versión do documento.

EndNote Click indexa numerosas fontes das que se poden recuperar os arquivos PDF: repositorios institucionais, servidores de preimpresión (por exemplo Arxiv), Google Scholar, etc.

Open Access Button

Alternativa gratuíta e legal aos artigos de pago de revistas científicas e académicas, que busca dentro de miles de sitios en acceso aberto a versión libre dun artigo de pago. Cando un artigo non está dispoñible gratuitamente, pide aos autores que o compartan incluíndoo nun repositorio.

Open Science Lens

Esta ferramenta permite localizar y explorar información relevante procedente da ciencia aberta. Tamén permite a un provedor de ciencia enriquecer a experiencia do usuario/a coa agregación de elementos procedentes de OpenAIRE / Open Science. Esta extensión pódese instalar en Chrome.

Unpaywall

Extensión para Chrome e Firefox que permite identificar artigos científicos en acceso aberto ao realizar unha busca. Mediante a icona dun cadeado verde amosa que hai unha versión en aberto do artigo.

Unpywall permite acceder a máis de 27 millóns de artigos en acceso aberto, procedentes de máis de 50.000 editores ou repositorios. Entre as fontes que alimentan a súa base podemos mencionar PubMed Central,  DOAJ ou Crossref, entre outros.