i2i

Acceso:

Información:

  • Materia: multidisciplinar
  • Contido: portal de acceso da compañía SAI Global á súa colección de normas nun amplo abano de materias. Recolle normas propias de máis de 360 institucións, entre elas as normas ISO e ASTM.  O portal permite consultar a información sobre as normas, que se pode facer por número de documento, colección, categoría ou as máis recentes na base de datos.

Desta colección, o Servizo de biblioteca ten a posibilidade de adquirir 30 nomas ISO e outras 30 ASTM.

A través do seguinte formulario as persoas usuarias solicitarán as normas do seu interese:

Formulario

O arquivo da descarga enviarase ao correo electrónico da persoa solicitante.

  • Idioma: inglés
  • Termos de uso: 3. Uso permitido: o licenzatario comprométese a utilizar i2i, únicamente, baixo os termos e condicións que figuran na presente licenza e a utilizalo nas actividades comerciais internas do licenzatario.
    3.1. SAI Global non transfire ningún dereito, título ou beneficio.
    3.2. Coa firma da licenza, o licenzatario consinte en non utilizar i2i para uso distinto do contratado e especificado na licenza. No caso de uso indebido, SAI Global resérvase o dereito a reclamar ao licenzatario.
    3.3. O licenzatario poderá imprimir os documentos contidos en i2i exclusivamente para uso interno suxeito aos dereitos de propiedade intelectual de conformidade coa cláusula 5. Ditas copias non poderán ser arquivadas ou escaneadas para formar parte dunha colección de referencia en impresións en papel, reservándose SAI Global o seu dereito a reclamar unha indemnización por danos e perxuízos no caso de incumprimento.
    3.4. O licenzatario non poderá utilizar o contido de i2i en ningún sistema de rede interno.

Axuda:

Guía rápida

Guía de uso da plataforma

Páxina de axuda (inglés)