AENORmás. Normas UNE

Acceso:

Información:

  • Materia: multidisciplinar
  • Contido: normas UNE, vixentes e anuladas, a texto completo, elaboradas e adoptadas por AENOR: Normas UNE, UNE-EN, UNE-ENV, UNE-HD, UNE-CR, UNE-ENISO, UNE-EN ISO/IEC, UNE-ETS, UNE-TBR, UNE-ECISS-IC.
  • Idioma: español
  • Instruccións de acceso: cando se entra por primeira vez nesta base de datos dende un navegador (Mozilla, Explorer, etc.) aparece unha pantalla cunha mensaxe emerxente. Haberá que despregar "Indique el perfil de usuario", seleccionar "Personal de universidad", e marcar "Acepto condiciones de uso". Este proceso faise unha soa vez en cada navegador, agás no navegador Google Chrome, xa que esta mensaxe aparece sempre que se accede a AENORmás.
  • Termos de uso: a Biblioteca da UDC dispón dunha licenza ilimitada de uso no que atinxe ao número de usuarios concorrentes para poder visualizar as normas, podendo facer a consulta dende calquera ordenador da universidade. Desde o 1 de xaneiro de 2021, grazas ao acordo entre a CRUE e AENOR, os membros da comunidade universitaria tamén poderán descargar libremente as normas nos seus ordenadores sen límite de descargas.

Axuda:

Guía