Acceso desde fóra da UDC á colección electrónica da Biblioteca

Prema en AUTENTICARSE para acceder desde fóra do campus á colección electrónica da Biblioteca. Consulte o proceso nesta guía ou neste vídeo.

  • Recursos: Pódese acceder aos recursos electrónicos (revistas, libros, bases de datos), adquiridos para o seu uso con fins académicos e de investigación. O acceso a estes recursos é só para fins académicos, non se permite o seu uso con fins lucrativos nin para o desenvolvemento de actividades profesionais alleas á Universidade.
  • Usuarios: Este acceso só é válido para os membros da comunidade universitaria: persoal docente e investigador (PDI), estudantado e persoal de administración e servizos (PAS). É responsabilidade deles a correcta utilización das súas claves e contrasinais de acceso.
  • Características: Para utilizar esta vía de acceso deberá introducir as súas credenciais de acreditación da UDC (usuario e contrasinal), non precisa cambiar a configuración do seu ordenador. Lémbrase que hai que facer un uso respectuoso dos recursos en relación cos dereitos de propiedade intelectual.

Algúns recursos electrónicos teñen, ademais do acceso normal, un acceso institucional a través da RedIris, que permite acceder desde fóra da UDC seleccionando a institución á que pertence a persoa usuaria. Unha vez seleccionada, solicitarase a autenticación co nome de usuario e contrasinal da UDC. Máis información

Desde as instalacións da UDC, só é preciso acceder aos recursos mediante calquera dispositivo conectado á rede da UDC, sen necesidade de autenticación previa.

Contactos

  • Se ten algún problema coa configuración do acceso, contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU), cau.sic@udc.es, tel. 981 167 000, extensión 2222.
  • Tamén pode poñerse en contacto coa Sección de Información e Referencia no teléfono 981 167 000, ext. 5663, ou enviar un e-mail a informacion.bib@udc.es.