Subscrito pola UDC, é un xestor en liña que recompila referencias bibliográficas importadas de bases de datos e catálogos de bibliotecas, para poder utilizalas nos traballos de investigación e académicos, xerando bibliografías ou insertando citas dentro do texto cun formato adecuado.
O 30 de xuño de 2023 desapareceu definitivamente a antiga versión do Refworks. Todas as contas foron trasladadas á nova versión.
Ao igual que na antiga versión, para poder usar o novo RefWorks é necesario ser membro da Universidade da Coruña e ter unha conta individual rexistrándovos como usuarios/as co correo electrónico institucional @udc.es. Dito rexistro realizarase a través do seguinte enderezo web: https://refworks.proquest.com/
RefWorks tamén permite a autenticación remota dos usuarios/as no seu propio portal a través de Shibboleth. Desta forma, dende fóra da UDC poderedes acceder a RefWorks coas vosas credenciais institucionais. Nesta Guía de autenticación federada en RefWorks podedes consultar o proceso.
Nas infoguías da biblioteca atoparás varios videotutoriais e guías realizas pola biblioteca e o material da propia plataforma de Proquest que detallan as principais funcionalidades do xestor, así como instruccións para a transición á nova versión. Pódense consultar nesta ligazón.