Identificarme en CRUNIA

Como identificarme en CRUNIA?
Que vantaxes teño se me identifico?
Que podo facer a través de “Tarxeta da Biblioteca”?
Podo saber que libros tiven en préstamo no pasado?
 

 

¿Cómo identificarme en CRUNIA?

NA esquina superior dereita preme en Iniciar sesión e introduce as túas credenciais da UDC e o teu contrasinal.

  • Usuario/a UDC: estudantes, PAS, PDI.
  • Usuarios/as Autorizados/as:  persoas usuarias autorizadas externas que se deran de alta seguindo as instrucións da páxina web.

 

Que vantaxes teño se me identifico?

  • Acceso a máis información e funcionalidades do catálogo: A consulta do catálogo é aberta a calquera internauta, pero se te identificas poderás ademais:
    • coñecer a dispoñibilidade do material
    • saber a localización concreta dos documentos físicos
    • solicitar documentos físicos dispoñibles ou reservar os prestados e escoller en que mostrador recollelos. Cando eses documentos estean listos o usuario recibirá un aviso por correo electrónico e terá 48 horas para levalos en préstamo.
    • acceder aos recursos electrónicos da universidade (se es membro da Comunidade Universitaria)
    • gardar en favoritos rexistros e etiquetalos
    • gardar buscas preferidas e xerar alertas sobre elas
  • Acceso á "Tarxeta da Biblioteca"

 

Que podo facer a través da “Tarxeta da Biblioteca”?

• Consultar os meus datos persoais (cargados desde as secretarías dos centros)
• Consultar e renovar os meus préstamos
• Consultar e cancelar solicitudes (reservas sobre libros dispoñibles ou prestados)
• Consultar o meu historial de lectura
• Coñecer se estou sancionado e por canto tempo
• Cambiar o idioma por defecto da interface

 

Podo saber que libros tiven en préstamo no pasado?

Si, accedendo á "Tarxeta da Biblioteca" tes que ir á lapela de 'Préstamos' e, en lugar de 'Préstamos activos', seleccionar 'Préstamos anteriores e históricos'. 

 

Máis información na Guía de uso de CRUNIA.