Infoguía WoS ResearcherID da Biblioteca da UDC
Primeiros pasos cos perfís de investigadores en Web of Science (Fecyt, 10 de diciembre 2024)
Xestionar un perfil de investigador en Web of Science (Fecyt, 11 de diciembre 2024)
ResearcherID é a iniciativa máis antiga de todas as que estamos a ver aquí. Foi creada en 2008 por Thomson Reuters, naquel tempo propietaria de Web of Science. Consiste nun identificador de autor asociado ao teu rexistro ou perfil dentro da base de datos.

Calquera persoa con acceso a WoS pode crearse un perfil de autor e obter un ResearcherID, aínda que non teña publicacións indexadas nesta plataforma. Pero hoxe en día isto non ten moito sentido, xa que para iso está ORCID, que ten un carácter moito máis universal.
A principal utilidade de ResearcherID é que constitúe a única vía para garantir unha identificación unívoca dentro da plataforma Web of Science. Isto permite incrementar a túa visibilidade, evita a dispersión da produción científica en múltiples rexistros xerados automaticamente e asegura que os teus datos bibliométricos (como citas ou índice h) estean correctamente recollidos.
Na plataforma WoS podes atopar dous tipos de rexistros ou perfís de autor:
Problema que pode xurdir: que duplique rexistros
Os pasos principais para asegurarte que non se dispersa a túa produción son os seguintes:
Unha vez que validaches o teu rexistro e engadiches as publicacións indexadas en WoS que tiñas noutros rexistros etc., toca puír o perfil. Para iso desprega o menú da esquerda da pantalla de WoS > O meu perfil de investigador > editar perfil. Ábrese unha pantalla de configuración cun menú superior con catro elementos. Escoller "Editar perfil". Algunhas claves para ter en conta son as seguintes:

É posible facelo, aínda que a súa utilidade é limitada. Desde o menú da esquerda > Os meus rexistros > Publicacións > Engadir. Podes engadir publicacións por identificador (DOI), o máis recomendable; engadir publicacións por subida de arquivo, tipo RIS ou BibTex - non se recomenda -; ou importar as publicacións desde ORCID.
Unha das grandes vantaxes do WoS ResearcherID, respecto a outras bases de datos, é que permite, desde o propio perfil, engadir rexistros de actividades de revisión.
Onde? Desde o despregable da esquerda > Os meus rexistros > Revisións de pares > Engadir.
Tamén é interesante que consultes a configuración sobre esta información no voso rexistro desde o despregable da esquerda > O meu perfil de Investigador > Editar. Ábrese unha pantalla cun menú superior con catro elementos. Escolle "Preferencias de revisión por pares".
Nalgún caso vas ter que enviar documentación xustificativa. Podes ver o seguinte vídeo de Web of Science onde explican paso a paso como proceder: "Las revisiones por pares: su importancia y visibilidad en los perfiles de investigadores".
Fundamental. Unha vez validado o teu rexistro, reclamados todos os teus traballos e editado o perfil, é máis que recomendable sincronizar este identificador co ORCID.
Para iso, unha vez máis, tes que ir ao Menú despregable da esquerda > O meu perfil de investigador > Editar. Ábrese a pantalla de configuración que xa coñecemos e movémonos polo menú superior pulsando na frecha dereita para que se visualice o último elemento do menú: "Sincronización de ORCID".
Podes configurar a sincronización para que, ademais, se actualicen os rexistros, no sentido que se se incorpora unha nova publicación nun dos identificadores, automaticamente tamén se vexa no outro. Estas actualizacións pódense configurar nun só sentido (de WoS a ORCID ou de ORCID a WoS) ou en ambos. Nós recomendamos polo menos activar a actualización automática en sentido de WoS a ORCID.
Vantaxes da sincronización? Ademais das actualizacións automáticas vistas - se se activan desde configuración- será máis difícil que WoS xere rexistros de autor/a duplicados para as túas novas publicacións.
Lembra revisar periodicamente o teu perfil, comprobar que se engaden as túas últimas publicacións correctamente e que WoS non che xera rexistros duplicados.