A filiación institucional reflicte a vinculación formal do persoal investigador cunha organización ao longo do tempo.
Cumpre múltiples funcións, polo que é moi importante asegurarse de que todos os documentos científicos que se publican inclúan sempre a filiación institucional á UDC.
Por exemplo, canto máis xenérica sexa a vosa firma de autor/a, máis importante para unha identificación unívoca serán os datos de filiación institucional.
Pero ademais, unha consignación inexacta dos datos de filiación nas vosas publicacións:
Segundo a Instrución da UDC, son elementos obrigatorios que nunca deben faltar nos datos de filiación:
Dirección. Polo menos, o código postal, a cidade e o país. O nome do país pode ir en castelán ou en inglés.
Outros elementos como o grupo de investigación, departamento, ou Facultade son opcionais e poderían consignarse en galego, castelán ou inglés.
Que pasa - e isto é moi común na FIC - se queredes consignar a filiación a un centro de investigación como o CITIC, pero tamén a Facultade de Informática?
Neste caso e, segundo a Instrución da UDC, deberíase consignar unha segunda filiación, pero non deberían mesturarse ambos os centros nunha soa.
Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
Universidade da Coruña, Grupo de Investigación /Departamento/Instituto/Facultade/Escola (segundo sexa
aplicable), Nome do Centro e zona do campus (Elviña/ Zapateira/ Oza/ Bastiagueiro/ Riazor/ Esteiro,
Serantes), 15071 A Coruña / 15471 Ferrol (segundo proceda), España/Spain (segundo proceda)
1. Exemplo de filiación indicando a Facultade de Informática
Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
Universidade da Coruña, Models and Applications of Distributed Systems (MADS), Faculty of Computer
Science, Elviña, 15071 A Coruña, Spain
2. Exemplo de doble filiación (CIT e Facultade de Ciencias)
Nome do Investigador [http://orcid.org/0000‐0000‐0000‐0000]
(1) Universidade da Coruña, Grupo de Polímeros, Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), Esteiro, 15471
Ferrol, Spain
(2) Universidade da Coruña, Departamento de Física, Facultade de Ciencias, Zapateira, 15071 A Coruña,
Spain